PROXECTO COMENIUS - ELAY ("European Leisure among Youngsters")
Tras non dotar aos compañeiros de Águeda (Portugal) coa subvención correspondente por parte da súa Axencia Nacional COMENIUS, convertémonos nós nos coordinadores deste proxecto.
O título do proxecto é "ELAY - European Leisure among Youngsters" que se levará a cabo en inglés.
Colaboramos con 3 socios europeos máis:
- O Lycée Racan de Château-du-Loir (Pays de la Loire)- Francia
- O Schulzentrum des Sekundarbereichs II an der Grenzstraße de Bremen - Alemaña
- O Centre Scolaire Saint-Joseph Saint-Raphaël de Sougné-Remouchamps - Bélxica
Entre os días 19 e 23 de novembro seremos os anfitrións do primeiro encontro cos nosos socios. Virán 9 profesores das escolas citadas e durante estes días traballaremos na programación das actividades que se desenvolverán nos próximos dous anos, en relación con este proxecto, ademais de ensinarlles a nosa cidade e arredores.
Manterémosvos informados de todo o relacionado con este proxecto a través da nosa web.
Elisa Álvarez Fernández (Coordinadora do Proxecto)
Magosto 2008
O venres día 7 de novembro celebramos o festa habitual do magosto con diversas actividade: deportivas, xogos populares, para terminar cun xantar por parte de tódolos presentes.
Neste enlace tendes as fotos do evento.
CONCURSO HISPANOAMERICANO DE ORTOGRAFÍA
A nosa alumna de 2º de Bacharelato, SARA MARTÍNEZ, resultou gañadora da fase autonómica do Concurso Hispanoamericano de Ortografía, polo que terá que desprazarse proximamente a Madrid para acudir á final da fase española. A proba final terá lugar en México.
Noraboa e, a gañar!
PREMIOS DE EXCELENCIA ACADÉMICA
Os nosos alumnos LAURA RODRÍGUEZ e DAVID VISO foron recoñecidos cos PREMIOS DE EXCELENCIA ACADÉMICA, dotados con 3000 euros, cos que a Consellería recoñece os mellores expedientes dos alumnos que acceden este ano á Universidade.
Reciban, de novo, as nosas felicitacións.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
Os nosos alumnos de 2º de Bacharelato MARÍA GONZÁLEZ MARTÍNEZ e DAVID VISO VIDAL resultaron gañadores de senllos PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2007-2008. Isto supón, xunto co premio en metálico, o recoñecemento da súa calidade intelectual e do seu traballo e esforzo continuados.
A nosa noraboa!
Foron os únicos de Ourense, tanto na pública como na privada. E non houbo máis porque os exames coincidiron coa excursión de 2º de Bacharelato e varios alumnos non se presentaron.
( Pode verse a relación completa de premiados no arquivo adxunto.)
HOMENAXE AOS MELLORES ESTUDANTES DE GALICIA
O pasado día 11 de xullo no Auditorio de Galicia de Santiago tivo lugar un acto de recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia nas Probas de Acceso á Universidade deste ano. Con este acto a Universidade de Santiago, baixo o lema "A USC recoñece os froitos dos teus estudos", homenaxeou aos alumnos de 2º de Bacharelato que conseguiron un expediente académico de 9 ou máis puntos.
O noso instituto aportou un total de 6 alumnos:
Laura Rodríguez Sotelo
David Viso Vidal
María González Martínez
Celia Parra Díaz
Ana Gómez Outomuro
Patricia Álvarez López
Os nosos parabéns para todos!
Programa de gratuidade de libros de texto, curso 2008-2009
Información co procedemento a seguir para a adquisición dos libros de texto acollidos ao plan de gratuidade en 2º e 4º de ESO
Enlace á Normativa
Decreto 126/2008: Ordenación e currículo do bacharelato
Resumo das últimas disposicións sobre bacharelato:
-ORDE de 24 de de xuño de 2008 (organización e currículo)
-ORDE de 25 de xuño (materias optativas)
-ORDE do 23 de setembro de 2008 (ampliación materias optativas)
Acceso á páxina da Consellería coa nova normativa de Bacharelato
PREPARATIVOS PROXECTO COMENIUS 2008-2010
O venres, 9 de maio recibimos unha visita especial no noso centro: O Prof. Eleuterio Santos, profesor da Escola Secundária Marques de Castilho de Águeda (Portugal), coordinador principal do proxecto COMENIUS para o cal solicitamos a nosa participación nos seguintes 2 cursos. Trátase dunha Asociación multinacional COMENIUS, na que participaremos un total de 8 escolas de Alemaña, Bélxica, Francia, España, Lituania, Polonia, Portugal e Turquía. O tema deste proxecto: European Leisure among Youngsters (O tempo de lecer da xuventudee europea) que se desenvolverá en inglés.
O motivo da visita do noso compañeiro portugués era coñecer de primeira man o noso centro, os profesores interesados no proxecto e preparar o que será o primeiro encontro en novembro deste ano, un encontro que combinaremos entre Águeda e Ourense.
Ata pronto.
ACTO DE DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE BACHARELATO E DO TAFAD... E VIDEO CONMEMORATIVO
O xoves 29 de maio tivo lugar o acto de despedida dos alumnos e alumnas de 2º bacharelato e do TAFAD. En primeiro lugar a intervención do Director, Afonso Vázquez-Monxardín, que podedes reler nun enlace que adxuntamos nun ficheiro a continuación.
A convidada especial a este acto foi a Sra. Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio, ex-alumna do noso centro e que destacou como deportista de élite.
Francisco Javier Arias Vilas, representante da Asociación de Nais e Pais (ANPA) fixo unha presentación recopilando fotos dos protagonistas deste día, os alumnos e alumnas que remataban os estudos de Bacharelato, e co enlazamos ao fin desta crónica.
Os alumnos Iris González, Víctor Álvarez e Iker Domínguez, en representación dos seus compeñeiros de promoción, fixeron un discurso lembrando as súas vivencias neste centro durante o derradeiros seis anos.
E un ano mais A Capela Madrigalista acompañou este acto rematando co xa tradicional Gaudeamus Igitur.
VELAQUI O ENLACE AO VIDEO Insignias 2008 , fermoso e cheo de saudades, que foi presentado polo presidente da ANPA Francisco Javier Arias Vilas.
Aquí vai a foto da Orla, o resto habémolas pór un destes días.

