ActoMaio

As actividades desenvoltas durante o día 10, tamén clasifican esta exposición fotográfica que podes ver pinchando nos apartados da esquerda

Apartado enlace fotográfico Explicación
Antes Fotos da preparación e previas ós actos
Exposición Por medio de centos de fotos e documentos (programas de actos, planos...) presentouse na Sala de Xuntas e Exposicións, un repaso visual ás actividades desenvoltas nestes vintecinco anos: saídas de estudios, excursións, teatro, pandereteiras, deportes, xantares, actos de despedida dos alumnos de COU... Os presentes buscaron recoñecerse nesta memoria fotográfica con auténtico interese. 

Os ex-alumnos que se encarreiraron polo mundo da arte, achegáronnos obras para o lucimento público. Acompañando ó Cartel que David Rubín deseñou especialmente para publicitar o XXV aniversario, había obras de: Esther Bailón, Juan Pulgar, Izaskum Estívaliz Estrada, Sandra Nogueira, Ana B. Lorenzo, Elisa Huete, Marta Villoslada, Manuel Sánchez, Oscar Villán e Xacobe Bobillo.

Organizada por Secundino Lorenzo, na aula de informática, puidose ver unha exposición sobre a evolución da informática no centro. Desde os vellos ordenadores de cinta cassete ou discos de 5 pulgadas e media  cunha memorias e velocidades que hoxe nos resultan ridículas, ata as computadores actuais.

O mesmo profesor, elaborou unha montaxe en Power Point sobre a realidade histórica do centro que estivo en funcionamento no vestíbulo do IES durante todo o día.
Actos

 

A intervención incial do Director actual, D. Roberto Fernández López, comezou co protocolario saúda ós amigos presentes, a lembranza dos ausentes e un repaso polos logros do Instituto nestes XXV anos.

A continuación, o profesor da Universidade de Vigo, Antonio García Masegosa dictou a lección maxistral ó redor das súas lembranzas do Insituto e collendo como fío conductor fragmentos de O Principiño.

Posteriormente, dous ex-alumnos do centro,  Beatriz Hervella e Elías Castro puxeron o toque máis distendido ó acto, cunha montaxe fotográfica de lembranzas que proxectada na pantalla  fixo as delicias dos presentes.

Para rematar o acto, os amigos da Capela Madrigalista, puxeron o broche de ouro coa interpretación dunha serie de obras do seu repertorio e concluíndo co tradicional Gaudeamos Igitur

 

Durante a comida foto ó alumnado (sobre todo ex)

Durante a comida fotos ó profesorado

Durante a comida fotos mezcladas

Ás dúas e media da tarde comezou o xantar de confraternidade nas carpas habitilitadas ó efecto no campo de deportes do centro. Entre empanada, polbo, carne ó caldeiro, viño, tarta de améndoa e copiñas, fixéronse os reencontros máis agardados cos vellos compañeiros. Cerca de seiscentas persoas asistiron a esta auténtica romaría na que non faltou xente de ningunha promoción e na que os saúdos, abrazos e lembranzas nostálxicas foron continuas.

Entregáronse ós presentes diversos agasallos: O cartel anunciador do XXV aniversario, obra do ex-alumno David Rubín, o libro colectivo do XXV aniversario e a insignia do centro..
Festival musical

Posteriormente celebráronse varias actuacións musicais de nosos ex-alumnos:

Un grupo de rapaces de terceiro da ESO interpretaron unha canción composta ex-profeso para o acto pola profesora de Física e Química, Sonia Prieto.

Marisol Blanco e Armando Ojea, puxeron a nota tranquila coas súas cancións líricas e, logo o grupo Lamatumbá puxo a marcha máis actual durante varias horas.

 

Xente Xente variada, de fotos variadas
Panorámicas Fotos diversas, panorámicas, foto final

As fotos foron realizadas por

Secundino Lorenzo
Paulino González
Elisa Alvarez
Martiño Fiz
Sonia Prieto
E varios mais con fotos soltas
 

Principal ] Actos ] [ ActoMaio ] Exposición ] O Libro ] Instituto ] O Video ] O Cartel ] Creditos ]

AnimadoComputer.gif (8557 bytes)

copyright © Vicente Santos para  I.E.S. As Lagoas-Ourense all rights reserved. 
Deposito Legal: OU-101/2003 Versión Web con data 29/10/03