Presentación

PRESENTACIÓN DO SR. DIRECTOR: Roberto Fernández López

               A celebración do XXV aniversario do IES As Lagoas, con actividades repartidas ó longo do 2002-03, conformou boa parte deste curso, como un revulsivo, tinguindo con aires de festa un ano por outros motivos funesto: guerras e verquidos tóxicos prometían tamén un curso movido polas protestas e o rechazo a eses acontecementos, como así había de ser.

             No tocante á celebración, houbo interesantes actos e exposicións de distinta índole, e especialmente foi brillante a magna celebración do día 10 de maio, no que tantos alumnos, profesores e persoal non docente, de onte e de hoxe, tiveron a ledicia de convivir e revivir por unhas horas o tempo pasado nestas aulas. Todo isto xenerou unha inmensa documentación gráfica que, unha vez procesada e seleccionada, deu como froito o presente CD que agora tes nas mans. Incluimos nel tamén o libro conmemorativo do aniversario, que foi entregado aquel 10 de maio, así como outros datos e imaxes do Instituto, que sempre poderás completar navegando pola nosa páxina web. E non esquezas o foro de comunicación que temos aberto na páxina dos exalumnos, onde agradeceremos a túa participación.

            Ollar o pasado é indispensable para que o futuro non se nos torza: desexamos que as vivencias que xurdan das imaxes deste CD produzan en ti boas vibracións, e como decían os versos de Eliot


tras recorrer moitas estradas,
volver á casa,
e velo todo como se fose a primeira vez.


Ata sempre.

COMISIÓN  ANIVERSARIO

Mercedes Lozano Roberto Fernández López
José Antonio Mourín Elvira Rodríguez Martínez
Secundino Lorenzo Fernández Ramón Area Míguez
Pedro Álvarez Boo Manuel Zabal Lazaro
José Antonio Vázquez Quiroga
 

Principal ] Actos ] ActoMaio ] Exposición ] O Libro ] Instituto ] O Video ] O Cartel ] Creditos ]

AnimadoComputer.gif (8557 bytes)

copyright © Vicente Santos para  I.E.S. As Lagoas-Ourense all rights reserved. 
Deposito Legal: OU-101/2003 Versión Web con data 28/10/03