Lírica Galego-Portuguesa

Principal ] Arriba ] [ Lírica Galego-Portuguesa ] Os poetas mediavais de Vigo ]

horizontal rule

            

 UN FEIXE DE RESPOSTAS SIMPLES A PREGUNTAS SIMPLES SOBRE A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA

(OU O MÍNIMOQUE HAI QUE SABER PARA NON FACE-LO PARVO ANTE AS LETRAS GALEGAS DE 1998)

I ¿QUE É A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA?

II ¿POR QUE SABEMOS QUE EXISTIU?

III ¿CANDO SE DESENVOLVE?

IV ¿ERA MOI DISTINTA A SÚA LINGUA DA DE HOXE?

V ¿POR QUE TERRAS SE CANTABA?

VI ¿COMO SE CANTABA?VI ¿COMO SE CANTABA?

VII ¿QUEN TROBABA?

VIII ¿QUE TIPOS DE COMPOSICIÓNS FACÍAN?

IX ¿POR QUE DESAPARECEU?

X ¿COMO DESAPARECEU?

horizontal rule

I ¿QUE É A LÍRICA GALEGO-PORTUGUESA?

Chamamos lírica galego-portuguesa a un conxunto dunhas 1.685 cancións de temática profana e unhas 420 de tema relixioso, escritas no idioma máis occidental da península, o galego-portugués, antes da súa separación en dúas linguas distintas, por uns douscentos trobadores, nun período que vai desde as fins do século XII ata mediados do XIV.

Como non podía ser doutro xeito -estamos falando de cousas de hai moitos séculos- a orixe da lírica galego-portuguesa é discutida, pero a lóxica apunta a que a razóns estea na combinación de varias teses. Influencia folclórica -tódolos pobos do mundo cantan antes de escribir- influencia eclesiástica -o canto ten importancia en tódalas relixións-, influencia árabe -sabido é que a música árabe estaba moi desenvolvida, e mesmo ela é a que fai agromar á carxas ou jarchas escritas na fala mozárabe uns cen anos antes, etc.

O que si está claro é que se colleron corpo como escritas é por influencia chegada de Provenza -a costa mediterránea de Francia-. O trobadorismo provenzal está pois non só na orixe da moda de escribir cancións daquela "modernas" -provenzalitantes- senón tamén de recoller composicións anteriores e escribir conforme ós patróns máis tradicionais.

A lírica medieval galego-portuguesa é unha das grandes líricas neolatinas na Idade Media xunto coas italiana, castelá, francesa, provenzal e catalana.

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

II ¿POR QUE SABEMOS QUE EXISTIU?

Sabemos que existiu porque á parte de noticas indirectas, conservamos varios textos de diversas orixes:

Por unha banda, o interese no mundo da cultura no Renacemento italiano, fixo que desde a corte portuguesa se enviasen, xa nos finais da idade media, recompilacións da lírica profana galega ós Papas e nobres humanistas italianos que devecían por eles. Por iso, dos tres grandes códices que hoxe se conservan, dous son desta orixe: O Cancioneiro da Vaticana e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa -antes Colocci-Brancutti, ata a súa compra polo estado portugués en 1928. O outro, o Cancioneiro de Ajuda, parece que foi elaborado na corte de Afonso X o Sabio, só recolle cantigas de amor e, como único cancioneiro da época trobadoresca, é o máis fiable nas súas versións.

Tamén existe outro códice menor, o "Cancioneiro dun Grande d’Hespanha" -copia serodia do da Vaticana feita en Italia e adquirida en 1983 pola Universidade estadounidense de Berkeley ó dispor do público na Bancroft Library. Como a maioría dos cancioneiros son copias de copias de copias feitas por amanuenses italianos que non entendían o que alí puña, existen abondosas diferencias entre eles, daquela os especialistas deben reconstruír a forma orixinal da cantiga combinando tódalas fontes.

Por outra banda, coñecemos un texto -o Pergamiño Vindel- que é unha "folla volante" con notación musical e textual. Unha especie de partitura que levaría consigo o xograr ou trobador para guiarse na interpretación do texto. O tal pergamiño recolle as sete cantigas de Martín Codax -un dos poetas ós que se lle adica o Día das Letras do 98- e está hoxe, logo de moitas voltas e reviravoltas, na Pierpoint Morgan Library de Nova York.

Das Cantigas de Santa María -corpus de poesía relixiosa - conservamos catro códices de época. Un na Biblioteca Nacional -proveniente da Catedral de Toledo, dous no Escorial, (un deles - T-j-1- con máis de 1.257 miniaturas, verdadeiro reportaxe "fotográfico" da época), outro, inacabado, na Biblioteca Nacional de Florencia.

Se aínda non se decataron, dirémosllelo: da lírica medieval galego-portuguesa non se conserva en Galicia absolutamente nada. Menos mal que xa hai edicións facsímiles -carísimas, por certo- de moitos destes Cancioneiros. Pero o que si conservamos son ducias de miles de documentos de prosa documental (entre os séculos XIII a XVI) orixinada en concellos, cabidos, mosteiros, gremios, familias nobres, etc. Moito valor lingüístico e histórico pero pouco literario. Xesús Ferro Couselo, o das Letras Galegas ‘96, estudiara a documentación do concello de Ourense.

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

III ¿CANDO SE DESENVOLVE?

Desenvólvese a lírica medieval galego-portuguesa entre finais do XII e segunda metade do XIV. O período de esplendor coincide primeiro co reinado de Afonso X en Castela (1252-1284) e Afonso III en Portugal (1248-1279) e logo co de Don Dinís en Portugal (1279-1325).

É máis ou menos o tempo da construcción románicas e góticas de catedrais, igrexas e conventos. O camiño de Santiago, o Códice Calixtino, Xelmirez, Cluny, o Císter, os Reis relacionados con Galicia... Unha época expansiva na que tamén houbo sitio para a cultura.

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

IV ¿ERA MOI DISTINTA A SÚA LINGUA DA DE HOXE?

Como pasaron uns setecentos ou oitocentos anos desde que se escribiron eses poemas, ás veces, a lingua presenta algunha dificultade, pero menos das que se podían pensar. Existen bastantes achegas de vocabulario desde a Provenza -sur de Francia- porque de alí tamén veu a moda de trobar. Unhas permaneceron entre nós para sempre (gabar, mesura, liñaxe...) pero outras desapareceron (prez, sen, nullo, pram, ) Como a maioría dos textos son coñecidos por compilacións orixinalmente portuguesas, naquela corte regularizaron grafías (lh, nh, -m, -ão) conforme á súa moda, pero que nos textos máis antigos, ou máis "galegos" -como as Cantigas de Santa María, o pergamiño Vindel e o Cancioneiro de Ajuda- nunca aparecen.

A pronuncia sería algo distinta á estándar de hoxe. Bastante achegada á da Limia Baixa en Entrimo ou Lobios. Chamaríannos sobre todo a atención algunhas consoantes sonoras e algunhas vocais nasais. A conxugación dos verbos, o sistema dos pronomes, o léxico, etc. achegarían máis aquela fala ó galego ca ó portugués actual.

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

V ¿POR QUE TERRAS SE CANTABA?

Os trobadores movíanse polas cortes nobiliares e reais de Portugal e Castela (non esquezamos grande parte dos reis e nobres desta corte se criaron en terras galegas ata case finais do século XIII). Existen continuas referencias toponímicas a moitas partes de Galicia -Vigo, Cangas, San Simón, Ourense, Lugo, Xinzo...- de Portugal -Porto, Lisboa...- pero tamén a zonas de fala non galega -"Badallouce", Carrión, "Ovedo", "Valenza", "Aguadalquivir", Granada, Marsella, Roma, Jerusalem, etc. Era unha forma de ver o mundo e de estar nel desde a lingua galego-portuguesa. Houbo mesmo trobadores non só casteláns, senón franceses ou italianos que trobaron en galego, lingua de moda na época. ¿Non cantan The Killer Barbies en inglés e son de Vigo? ¿Non canta Plácido Domingo en italiano e é de...? ¿De onde?

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

VI ¿COMO SE CANTABA?VI ¿COMO SE CANTABA?

As composicións que coñecemos non son poemas para ler, senón para escoitar: son letras de cantigas, de aí o seu nome. Cantábase nas cortes dos reis e dos nobres e, tamén nas romarías e festas populares. Cada unha no seu contexto e algunhas en todos. En moitas das composicións, sobre todo nas de sabor máis tradicional, existía un estribillo (refrán) que sería cantado por un coro ou pode que repetido polo público. Sempre había acompañamento musical. Coñecemos a música das Cantigas de Santa María e das de Martín Codax pola notación musical que os especialistas entenden -non é o pentagrama actual- e que interpretan hoxe os grupos de cámara ou de música culta. Chapeau, o da Universidade de Santiago.

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

VII ¿QUEN TROBABA?VII ¿QUEN TROBABA?

Hoxe non é o mesmo unha charanga ca un cantante de ópera. Daquela non era o mesmo un trobador -clase e cultura elevada, composicións máis elaboradas, con mestría- ca un xograr (simple intérprete asalariado de cancións alleas, que ás veces ousaba facer versións ou mesmo compor cancións propias, moitas veces humorísticas, aproveitando melodías coñecidas do público). No medio de entrambos grupos existían os segreis, baixa nobreza vida a menos que vivía da xenerosidade allea coa súa arte. Viaxaban con frecuencia e mesmo cambiaban de corte en función de problemas políticos. Moi importantes, sobre todo como inspiradoras de temas de escarnio e maldicer, son tamén as soldadeiras, mulleres da farándula que vivían ó redor dos xograres, segreis e trobadores, cambiando o amigo con frecuencia. Os músicos chamábanse menestreis.

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

VIII ¿QUE TIPOS DE COMPOSICIÓNS FACÍAN?VIII ¿QUE TIPOS DE COMPOSICIÓNS FACÍAN?

Ana Kiro e os Heredeiros da Crus, non son o mesmo, inda que utilicen a mesma lingua. Tampouco en época medieval era todo igual. Existían daquela tres xéneros principais, e outros menores:

Cantigas de Amigo: cancións postas en boca de muller -pero sempre escritas por home, que as mulleres aínda non escribían- que fala sobre o amado; curtas, tradicionais, antigas, autóctonas, estáticas, repetitivas, naturais, amor realizable e realizado, efectivo, alegre, o mar, a fonte, a festa, o amigo, a irmá...Cantigas de Amigo: cancións postas en boca de muller -pero sempre escritas por home, que as mulleres aínda non escribían- que fala sobre o amado; curtas, tradicionais, antigas, autóctonas, estáticas, repetitivas, naturais, amor realizable e realizado, efectivo, alegre, o mar, a fonte, a festa, o amigo, a irmá...

Cantigas de Amor: cancións de orixe provenzal nas que un home gaba a unha muller distante; artificiosas, máis longas, menos repetitivas, máis complicadas sicoloxicamente, amor sempre platónico, nunca correspondido, irrealizable, volverse louco, morrer de amor...Cantigas de Amor: cancións de orixe provenzal nas que un home gaba a unha muller distante; artificiosas, máis longas, menos repetitivas, máis complicadas sicoloxicamente, amor sempre platónico, nunca correspondido, irrealizable, volverse louco, morrer de amor...

Cantigas de Escarnio e Maldicir: cancións satíricas -como as coplas dos maios- máis ou menos fortes e directas, sobre todo tipo de temática -cregos, monxas, tipos sociais, persoas concretas, política, sexo...- ; amplo vocabulario, importante valor como documentos para a historia social, política e de mentalidades, á parte do lingüístico e literario, claro está. Hai algunhas tan sumamente soeces -tipo cine X- que estiveron sen estudiar moito tempo. Carolina Michäelis de Vasconcelos, unha portuguesa que as coñeceu a principios de século definiunas como "a cloaca moral dos nosos cancioneiros". Cantigas de Escarnio e Maldicir: cancións satíricas -como as coplas dos maios- máis ou menos fortes e directas, sobre todo tipo de temática -cregos, monxas, tipos sociais, persoas concretas, política, sexo...- ; amplo vocabulario, importante valor como documentos para a historia social, política e de mentalidades, á parte do lingüístico e literario, claro está. Hai algunhas tan sumamente soeces -tipo cine X- que estiveron sen estudiar moito tempo. Carolina Michäelis de Vasconcelos, unha portuguesa que as coñeceu a principios de século definiunas como "a cloaca moral dos nosos cancioneiros".

Pastorelas (encontro de pastora e cabaleiro, como a serranilla do castelán).

Albas (despedida dos namorados ó mencer). Albas (despedida dos namorados ó mencer). Albas (despedida dos namorados ó mencer). Albas (despedida dos namorados ó mencer). Albas (despedida dos namorados ó mencer). Albas (despedida dos namorados ó mencer). Albas (despedida dos namorados ó mencer).

Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación na Corte). Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación na Corte). Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación na Corte). Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación na Corte). Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación na Corte). Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación na Corte). Prantos (gabanza dun rei ou nobre mortos; moitas veces por agradecemento pero tamén para para quedar a ben cos herdeiros e asegurar a continuación na Corte).

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

IX ¿POR QUE DESAPARECEU?IX ¿POR QUE DESAPARECEU?

A lírica galego-portuguesa vai esmorecendo desde mediados do XIV porque cambia a sociedade.Son malos tempos para a lírica. Xa non é a vida palacega tranquila e diletante de antes. A teima na finalización da reconquista -tan lonxe de nós- dirixe á épica o interese en Castela; a paixón polo practicismo dos coñecementos nun Portugal envorcado ó océano e a inexistencia dunha corte en Galicia, van axudar tamén a que as novas modas deixen progresivamente de lado ós vellos xoglares que cantaban historias que a ninguén interesaban xa. Ademais as novas clases urbanas non compartían tampouco o gusto por aquelas "cousas de sabor antigo" de señores e amoríos.

O éxito do Quixote non é alleo á ironía sobre uns gustos ancorados no pasado que o fixeron tolear. O noso "quixote" chamouse Macías o Namorado e disque morreu de amor cando xa diso non se morría.

flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

X ¿COMO DESAPARECEU?X ¿COMO DESAPARECEU?

Este esvaemento foi progresivo. Os trobadores que antes só escribían en galego, sobre todo desde finais do XIV, comezan a facer composicións nun castelán que cada vez ocupará máis parte das súas obras. De 1445 é o Cancioneiro de Baena que reune moitas das composicións deste tránsito no que vén sendo coñecido como Escola Galego-Castelá, por utilizaren os trobadores ambas linguas.

Se temos en conta que o uso do galego seguiu sendo xeneralizado en toda a documentación ata 1480 e esporádico ó longo do primeiro cuarto do século XVI, decatámonos que a moda literaria do trobadorismo foi esmorecendo case un século antes do abandono puramente instrumental da lingua.

  flecha12.gif (582 bytes)

horizontal rule

Principal ] Arriba ] Pergamiño Vindel ] Os dias das Letras Galegas ] Eduardo Blanco Amor ] Letras Galegas 1999 ] Letras Galegas 2000 ] Letras Galegas 2001 ] Letras Galegas 2002 ] LETRAS GALEGAS 2003 ] Letras Galegas 2004 ] Letras Galegas 2005 ] Letras Galegas 2006 ]

AnimadoComputer.gif (8557 bytes)

Realizado por  Afonso Vázquez Monxardín  e Vicente Santos no IES Aa Lagoas
Para cualquier consulta contactar a través del En Ourense a 19/02/06