A computadora que vas usar é do IES As telleiras que cha vai prestar
durante este curso. Por isto debes cuidala e usala axeitadamente, para
axudarte nesta tarefa redactamos estas sinxelas pero importantes normas
de uso.
A computadora estará gardada, sempre que non se use, no seu armario na aula. Só a utilizarás condo o profesorado cho indique.
A recollida e devolución da computadora farase se xeito ordenado e baixo a supervisión do profesorado.
A computadora está etiquetada co teu número de clase só debes usar a
computadora etiquetada co teu número e lembra! é a túa reponsabilidade
durante este curso.
A computadora é fráxil protéxea dos golpes, e colócaa sempre sobre a
mesa, non enriba de libros, libretas, etc. Cando remates devólvea ao
armario.
A clavixa de carga é moi fráxil debes introducila e retirala con coidado para evitar avarías.
A computadora é de uso educativo utilizarás só os programas e direccións web que o profesorado che indique.
Non está permitido facer cambios nos escritorios agás a creación de carpetas se o profesorado así o indica.
Usa o teclado e o punteiro con suavidade. Cando remates... apaga e espera a que remate o proceso para pechar a pantalla.
A computadora
O escritorio
O escritorio é o lugar de traballo onde podemos seleccionar os
programas que imos utilizar e onde realizaremos os traballos.
Ficheiros e cartafoles
Un cartafol é o lugar onde gardamos os ficheiros.
Podemos ter cartafoles dentro de cartafoles chamámoslles subcartafoles.
Un ficheiro é o resultado dixital dun traballo.
Ten un nome (que lle pon o autor) seguido dun punto e de varias letras denominados extensión
(que permiten identificar o tipo de arquivo). Por exemplo: abalar.odt,
abalar e o nome do ficheiro e odt indica que é un arquivo de texto.
As extensións que máis imos utilizar son:
Son ficheiros de páxinas web:
.htl ou .htlm
Son ficheiros de texto:
.odt, .doc, .docx
Son ficheiros de imaxes:
. png, .jpg, .xcf, .gif, bmp
Son ficheiros de presentacións de diapositivas:
.odp, .ppt
Exercicio 1:
Na figura anterior hai máis ficheiros e máis cartafoles que os
sinalados? Cantos cartafoles? Cantos ficheiros? Como os distinguiches?
Cada vez que facemos un traballo: unha imaxe, un documento, un video,
unha presentación de diapositivas, xeramos un ficheiro ao que temos que
poñer nome. O programa que empreguemos daralle automáticamente a
exensión (as letras que seguen ao nome separadas por un punto).
Cando levemos feitos moitos traballos teremos moitos ficheiros e para
atopar algún deles imos tolear... solución: cartafoles e subcartafoles.
Para crear un cartafol situa o cursor no cartafol onde queres crear o
novo cartafol, fai un click co botón dereito do rato e selecciona a
primeira opción Crear cartafol.
Aparecerá unha nova ventá dentro do cartafol que elixiras esperando a que lle deas mone "cartafol sen título"
Noméao e xa está!! neste exemplo ao cartafol púxoselle o nome Abalar.
Abalar é un subcartafol do cartafol alumno.
Exercicio 2
Crea dentro do cartafol alumno tantos subcartafoles como materias cursas este ano.
Na carpeta de nome "Ciencias da natureza" crea tres subcartafoles cos nomes: "Textos", "Imaxes" e "Presentacións".
Podemos cambiarlle o nome a un cartafol ou subcartafol calquera, botón
dereito sobre a carpeta que queramos renomear eliximos "Renomear" e
scribimos o novo nome do cartafol.
Renomea o cartafol "alumno" e dalle o teu nome.
Podemos copiar e mover ficheiros entre carpetas: boton dereito sobre o
ficheiro a copiar ou mover eliximos a opción que nos interese e
eliximos o cartafol de destino. Se eliximos mover xa non temos máis que
facer. Se eliximos copiar ahora temos que ir ao cartafol de destino e
botón dereito e eliximos a opción "Pegar no cartafol".
O procesador de textos
E o programa que máis imos utilizar. Con él podemos:
Elaborar documentos escritos como se fora unha libreta.
Elaborar documentos escritos con imaxes, táboas, ligazóns a páxinas web, etc.
Elaboras mini revistas....
O nome deste programa é LibreOffice 3.3 Writer e atópase na categoría Ofimática da barra lateral do escritorio.
Para abrirlo prememos sobre o seu icono co botón esquerdo.
Aparécenos a pantalla principal cun documento en branco e de nome Sen título 1.odt
Nome do ficheiro: Curso_de_writer
Lugar on de o gardo: na subcarpeta Abalar que é unha subcarpeta da carpeta Bioloxía que é unha subcarpeta da carpeta alumno.
É moi importante verificar
sempre que gardamos o ficheiro na carpeta que lle corresponda para
poder atopalo con facilidade cando o necesitemos!.
Exercicio 3: Garda un documento de nome: as iniciais do teu nome completo, no cartafol Textos que creaches no exercicio 2. Garda un documento de nome: exercicio de writer, no cartafol Textos que creaches no exercicio 2.
Para abrir un ficheiro con writer:
Imos o lugar (cartafol) onde está arquivado e dobre click sobre o ficheiro.
Abrimos writer imos a Ficheiro-Abrir-
Buscamos nos cartafoles que corresponda e selccionamos o ficheiro. Temos dúas opcións