A atmosfera |
| Subsistema da Terra formado fundamentalmente por gases (existen outras partículas como: po, pole, cristais de sales, microorganismos, cinzas, etc). |
Compoñentes da atmosfera |
| Maioritarios % |
Minoritarios: atópanse en cantidades moi pequenas polo tanto mídense en ppm (partes por millón) | |||||
| N2 | 78,0 | Gases reactivos | Gases non reactivos | Variables | ||
| O2 | 20,9 | CO |
0,1 | He |
5,2 | Vapor de auga |
| Ar |
0,93 | CH4 |
1,4 | H2 |
0.5 |
Gases contaminantes |
| CO2 | 0,03 | Hidrocarburos |
0,02 | Ne |
18,0 | |
| Outros |
0.14 |
NO2 (Óxido nítrico) | 0,0040-0,005 | Kr |
1,1 | |
| NH3 |
0,02-0,0006 | Xe |
0,086 | |||
| SO2 |
0,0013-0,00003 | N2O (Óxido nitroso) |
0,25 | |||
| Dado que
a devandita composición é o resultado de diversos procesos que ocorren
en toda a superficie terrestre, pódese dicir que a composición
atmosférica é unha propiedade sistémica do planeta. |
||||||
División en capas da atmosfera |
|
| Pola homoxeneidade da mestura dos gases. | Pola evolución da temperatura coa altura. |
| Homosfera. Gases mesturados por convección e turbulencia agás o vapor de auga e o ozono. Ata 90 - 100 km de altura. | Troposfera ( 9 km nos polos, 12 km
nas latitudes medias, 16 km ecuador)
|
| Heterosfera. Gases separados en capas. A partir de 90 km de altura. | Estratosfera: destacaremos a capa de ozono (15 – 30 km) |
| Mesosfera: destacaremos formación de estrelas fugaces. |
|
| Termosfera: ou ionosfera destacaremos a absorción de radiación X e gamma levada a cabo por moléculas de Nitróxeno e Osíxeno. Prodúcense as auroras boreais. Información |
|
| Exosfera: destacaremos unha densidade baixísima. |
|
Función protectora da atmosfera |
|
|
|
Función reguladora da atmosfera |
|
|
|
Dinámica atmosférica |
| A atmosfera atópase en continuo movemento,
debido ás diferenzas locais de radiación solar, levando calor dende as
zonas de superávit ás de déficit. Divídese, para o seu estudo, en dinámica vertical e dinámica horizontal. Información |
Dinámica atmosférica vertical |
||||||||||||||
| Os movementos verticais que se producen na atmosfera (troposfera) son debidos ao proceso de convección, e débense a variacións de: temperatura, humidade ou presión atmosférica. | ||||||||||||||
| Temperatura | Humidade Información |
Presión |
||||||||||||
| Chámase convección térmica, prodúcese por diferenzas de temperatura (Gradientes de temperatura). Información
En condicións estables, o movemento vertical inhíbese, mentres que en condicións inestables a masa de aire tende a moverse continuamente cara arriba ou cara abaixo. Inestabilidade GVT>GAS Estabilidade GVT<GAS ![]() ![]() |
Prodúcese
pola presenza de vapor de auga no aire que o fai menos denso ca o aire
seco. (Maior proporción de auga (masa molecular 18) implica menor
proporción doutros gases de masas moleculares (Mm) maiores.
|
Debida a diferenzas de presión entre dous puntos. Lembra que o aire irá de onde haxa máis presión cara onde haxa menos presión. Presión media normal na superficie terrestre 1013 hPa. Presión superior á normal anticiclón (A) p > 1013 hPa Presión inferior á normal ciclón ou borrasca (B) p < 1013 hPa |
||||||||||||
Dinámica atmosférica horizontal |
||||||||||||||
|
Débese ás diferenzas locais de irradiación solar, transportando calor dende as zonas de superavit cara as zonas con déficit, dito transporte vese facilitado pola acción dos ventos e das correntes oceánicas e dificultado pola presenza de masas continentais. Está moi influída polo efecto de Coriolis Video explicativo |
||||||||||||||
| Proceso: | |||||
O intenso quecemento ecuatorial (ángulo de incidencia da
radiación solar moi perpendicular á superficie e amplo fotoperíodo)
provoca unha situación ciclónica (B) permanente mentres que nos polos
(ángulo de incidencia da radiación solar moi oblicuo á superficie e
curto fotoperíodo incluso con meses de noite total) provoca un intenso
arrefriamento da atmosfera que da lugar ao asentamento de anticiclóns
(A).
![]() |
Os gases desprazaranse dende as zonas de maior presión,
anticiclóns (A) cara ás zonas de menor presión, ciclóns (B) dando lugar
a correntes de convección térmica: unha corrente en superficie
(corrente fría dende os polos cara ao ecuador) e outra en altura (corrente cálida dende o ecuador cara aos polos).
![]() |
![]() |
|||
|
|||||
![]() |
![]() |
||||
| Interpretación de mapas do tempo. | |||||
Impactos na atmosfera |
|
Fontes e tipos de contaminación |
|
| Pola súa orixe: |
|
| Pola natureza do contaminante |
|
|
|
|
|
|
|
Efectos xerais dos contaminantes atmosféricos |
|
|
|
| Influencia dos anticiclóns e borrascas na acumulación ou dispersión de contaminantes | |
Como vemos, o aire nos anticiclóns
tende a descender, á vez que diverxe conforme acada a superficie.
Este fenómeno dos movementos verticais descendentes das masas
de aire coñécese como subsidencia. Este mecanismo precisamente é o que evita a formación de nubosidade nos anticiclóns, a excepción dos casos de escuridade anticiclónica, e tamén é o responsable da acumulación dos gases
contaminantes nas grandes cidades, xa que impiden que escapen da
superficie.
Outra razón atopámola na estabilidade atmosférica que provocan. Deste modo, case sempre aparecen inversións térmicas en superficie. E sempre con ausencia de ventos. A suma destes dous novos factores, a estabilidade atmosférica e a inversión térmica, máis a ausencia de ventos que dispersen os contaminantes, axudan á súa concentración sobre o mesmo lugar. |
|
| Influencia das inversións térmicas na acumulación ou dispersión de contaminantes | |
![]() |
![]() ![]() |
O fenómeno de inversión térmica preséntase cando nas noites despexadas o solo perdeu calor por radiación, e as capas de aire cercanas a él arrefrían
máis rapidamente cas capas superiores, o que xera un gradiente positivo de temperatura coa altitude. Isto constitúe un
fenómeno contrario ao que se presenta normalmente, onde a temperatura
diminúe coa altitude. Isto provoca que a capa de aire quente
quede atrapada entre as dúas capas de aire frío sen poder circular. A presenza dunha capa de aire frío cerca do solo dálle grande estabilidade á atmósfera porque practicamente non se produce convección térmica, nin fenómenos de transporte e difusión de gases. A inversión térmica preséntase normalmente nas mañás frías sobre os vales de escasa circulación de aire (por exemplo: a cidade de Ourense ou Madrid). Tamén se presenta este fenómeno nas cuncas próximas ás ladeiras das montañas en noites frías (por exemplo: Madrid e Santiago de Chile), debido a que o aire frío das ladeiras despraza o aire quente da cunca provocando o gradiente positivo de temperatura. Xeralmente, a inversión térmica rompe cando se quenta o solo e volve a emitir calor, o que restablece a circulación normal na atmósfera. |
| Influencia das inversións térmicas na acumulación ou dispersión de contaminantes | ||
![]() |
![]() |
Información |