O CONCURSANTE
 


        O alumnado de BAC e 4º de ESO asistiu á representación da película O concursante no cine Dúplex de Ferrol, o pasado día 20 de novembro, sendo unha das actividades organizadas pola Coordinadora de Equipos de Normalización de Ferrolterra, da que o noso centro forma parte.

            Velaquí a sinopse da película
:Martín Martín Circo, un profesor asociado de Historia Económica, acaba de converterse no gañador do maior premio xa concedido na historia da televisión: máis de 3 millóns en premios de todo tipo. Non obstante, pronto descobre que ser un millonario é caro, e non ten diñeiro para pagar os premios. Facenda, pola súa banda, reclama a metade dos beneficios. Case sen darse conta, Martin está nunha trampa sen saída, tentando de vender todos os premios que gañou. Edmundo Figueroa, un vello disidente extravagante, pode ser a súa última oportunidade de escapar. A competición está só comezando ...