BASES
 


1.Poderán participar todos os alumnos e alumnas matriculados neste ano académico no centro.

 
2.A participación será individual ou en grupo. Se é en grupo , este debe estar constituído por un número igual ou inferior a 5 membros.

 
3.As preguntas e problemas formulados estarán relacionados coa  materia impartida polos distintos departamentos deste centro.

 
4.-Haberá 4 edicións de preguntas, distribuídas entre xaneiro e abril.

 
5.Todas as cuestións formuladas serán publicadas a través do taboleiro do EDLG, situado no vestíbulo principal do centro.

 
6.As respostas ás preguntas formuladas entregaranse nun prazo aproximado de UN mes, sendo especificada a data límite de entrega na propia folla das preguntas.

 
7.Cada resposta correcta valorarase con 1 punto. As solucións ás cuestións, así como a puntuación acadada polos participantes, faranse públicos a través do taboleiro do EDLG.

 
8.Haberá premios para os grupos ou persoas que maior puntuación acaden ao final do concurso. Pode haber accésits.

 
9.Para inscribirse deben anotarse nun folio os seguintes datos:

 

            ·Nome que adopte o concursante ou o grupo

            ·Datos persoais dos participantes: apelidos e nome

            ·Curso e grupo ao que pertencen.

 
E entregalo en conserxería antes do día 19 de xaneiro. O día 21 deste mes, no primeiro tempo de lecer,  entregaranse as primeiras preguntas.

 
10.A participación no concurso implica a total aceptación das bases.