1ª EDICIÓN DE PREGUNTAS
 

1.-Que tipo de megalito é a LAPA DE GARGANTÁNS localizado en Moaña?

2.-Cando e onde se creou a primeira Olimpíada dos Xogos Modernos?

3.-A que estilo artístico pertence o Antigo Cuartel de Instrucción (Sala de Armas) da cidade de Ferrol?

4.-Amati, Stradivarius ou Guarneri son apelidos de tres familias de enorme impotancia para a música. A que se adicaban moitos dos membros destas familias?

5.-Cantos ósos ten o colo da xirafa?

6.-Por que se chama ao mar Morto así?

7.-Como se chama o paso dun líquido a vapor a temperatura ambiente?

8.-Se cremos o que conta a mitoloxía grega, quen foi o primeiro home que construíu unhas ás e voou con elas?

9.-Cal foi o primeiro periódico en galego e de que época é?

10.-O meu tío Pío ten na casa varios paxaros:

                  todos menos dous son canarios

                  todos son xílgaros, menos dous

                  só dous non son periquitos

¿Cantos paxaros ten o meu tío Pío?       

               

DATA DE ENTREGA DAS RESPOSTAS E RECOLLIDA DA 2ª EDICIÓN DE PREGUNTAS: 18 DE FEBREIRO