2ª EDICIÓN DE PREGUNTAS
 

1.-Con que nome se coñece o contrato de arrendamento das terras cracterístico de Galicia a partir do Antigo Réxime?

2.-Que significan as cores dos aros olímpicos?

 
3.-A que estilo pertence a igrexa do mosteiro de Caaveiro? E a súa torre-campanario?

 
4.-En Ferrol os grupos de cantores e instrumentistas poden situarse a finais do século XVIII pero realmente ben organizados remóntanse á segunda metade do século XIX cando grupos de homes uniformados (ás veces cunhas simples gorras) comezan a interpretar cancións de autor. Como se chaman estas agrupacións que cantan á fermosura da muller ferrolá?

 
5.-Existen mamíferos que poñen ovos?

 
6.-Con que forma se representa ao Espírito Santo?

 
7.-Que químico francés descubriu que a masa non varía nunha reacción química?

 
8.-Quen pronunciou a famosa frase “Veni, vidi, vici” e con que motivo?

 
9. ¿Que altura ten unha árbore que é dous metros máis curta que un poste de altura triple que a da árbore?            

 
10.-Que río pasa pola vila onde naceu o poeta galego que buscou fontes literarias no mundo celta?

 

  

DATA DE ENTREGA DAS RESPOSTAS A ESTA EDICIÓN E RECOLLIDA DAS PREGUNTAS DA EDICIÓN SEGUINTE: 11 DE MARZO