![]() |
|
| CARTA EUROPEA DAS LINGUAS REXIONAIS OU MINORITARIAS (1992) |
|
Art.1
|
Linguas rexionais ou minoritarias son: linguas empregadas tradicionalmente nun territorio dun estado que constitúen un grupo numericamente inferior ó resto da poboación do estado. Territorio no que unha lingua rexional ou minoritaria é utilizada é: unha área xeográfica na que esta lingua é o modo de expresión dun número de persoas que xustifica a adopción das diferentes medidas de protección e de promoción previstas pola presente carta. |
Art. 8 |
En materia de ensino, as partes comproméntense, no referente ó territorio onde se falan esta linguas, segundo a situación de cada unha delas e sen prexuízo do ensino das linguas oficiais do estado a: Prever unha educación asegurada ou unha parte substancial nas linguas rexionais ou minoritarias afectadas. Tomar as disposicións para asegurar o ensino da historia e da cultura das cales a lingua rexional é a expresión. Asegurar a formación inicial e permanente dos docentes necesarios para a posta en práctica dos parágrafos anteriores. Crear un ou varios órganos de control encargados de seguir as medidas tomadas e os progresos realizados no stablecemento ou desenvolvemento do ensino das linguas rexionais ou minoritarias, e a establecer sobre estes puntos informes periódicos que serán feitos públicos. |