CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA (1978)
 



Art.3

O castelán é a lingua oficial do estado. Tódolos españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar.
As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.



Art.148
As comunidades autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.