![]() |
|
| DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS LINGÜÍSTICOS (1996) |
|
Art.1
|
Esta declaración entende como comunidade lingüística toda sociedade humana que, asentada historicamente nun espazo territorial determinado, recoñecido ou non, se autoidentifica como pobo e desenvolveu unha lingua común como medio de comunicación natural e de cohesión cultural entre os seus membros. A denominación lingua propia dun territorio fai referencia ó idioma da comunidade historicamente establecidaneste espazo. |
|
Art. 3 |
Dereitos: O dereito a ser recoñecido como membro dunha comunidade lingüística. O dereito ó uso dunha lingua en privado e en público. O dereito ó ensino da propia lingua e cultura. |
Art. 12 |
No ámbito público, todo o mundo ten o dereito a desenvolver tódalas actividades na súa lingua, se é a lingua propia de ondereside. |
Art. 26 |
Toda comunidade lingüística ten o dereito a unha educación que lles permita a tódolos seus membros adquirir o pleno dominio da súa propia lingua, coas diversas capacidades relativas a tódolos ámbitos de uso habituais, así como o mellor dominio de calquera lingua que desexen coñecer. |
Art. 29 |
Toda persoa ten dereito a recibir a educación na lingua propia do territorio onde reside. |