LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (1983)
 

  

Art.1

O galego é a lingua propia de Galicia.

Tódolos galegos teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.

Art. 3

Os cidadáns teñen o dereito ó uso do galego, oralmente ou por escrito, nas súas relacións coa Administración Pública no ámbito do territorio da Comunidade Autónoma.

Os poderes públicos de galicia promovetrán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns.


Art. 4

O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración local e das entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma.

Art. 12

O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos.

Art. 13

Os nenos teñen o dereito a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna.

Art. 14

A lingua galega é materia de estudio obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios.

Garantirase o uso efectivo deste dereito en tódolos centros públicos e privados.

As autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán.