![]() |
|
| GALEGOBOOK |
|
Máis de cen obras de 90 autores/as son as primeiras a que poderás acceder dende un novo recurso, Galegobook, proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un gran número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre lingua (gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...)
Este novo recurso, dispoñíbel
en http://galegobook.blogspot.com,
pretende pór accesíbel os textos que se publican arredor da lingua
galega e que posúen versión electrónica (pdf ou epub).
Para
facilitar a procura de material, o Galegobook conta tamén cun índice
por autoría
e por título.
Na actualidade, o blogue está en fase de construción, polo
que non estean referenciadas moitas das obras dispoñíbes na rede.
Con todo, conta xa con 114 documentos para descargar.
Tamén o
proxecto inclúe unha páxina
de Facebook onde compartires, comentares e contribuíres ao
proxecto