Microsoft presentou unha actualización do Internet Explorer 9 que
incorpora 53 idiomas adicionais, co que conta cun total de 93, o que o
convertería no navegador web dispoñible en máis linguas, superando as 86
do Firefox 4, as 45 de Google Chrome 11, as 44 do Opera 11.0 e as 16 do
Safari 5.