Telleiras   Xunta

      IES As Telleiras 

 


O IES As Telleiras é un centro de ensinanza de carácter público dependente da Xunta de Galicia.

Foi creado no ano 1985 coa construción dun primeiro edificio, e ampliouse con outros dous novos no ao 1988, un para aulas e outro para utilizar como salón de actos. Foi no ano 1998 cando adquiriu a designación de IES AS TELLEIRAS, Sendo ata entón o I.B. de Narón.

Somos un centro de ensino que está adicado especialmente a ESO e BACHARELATO formando ao alumnado para que poida cursar con éxito calquera ciclo de grado medio ou superior ou realizar a carreira universitaria que desexen. Os centros adscritos son: o CEIP A Solaina e o CEIP Virxe do Mar aínda que temos unha importante matrícula de alumnado procedentes doutros centros como CEIP Piñeiros e CEIP Ponte de Xubia por nomear os pertencentes ao concello de Narón. Entre as nosas instalacións pódense citar un pavillón polideportivo, un auditorio para máis de 400 persoas, dúas aulas de informática completamente equipadas, dúas aulas de audiovisuais (nunha delas estase a implantar un laboratorio de idiomas), catro laboratorios...

Aenor        Na actualidade o IES As Telleiras forma parte da Rede de Centros Educativos Galegos para a Calidade, no curso 2004-2005 recibimos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia un premio ás actuacións de calidade na educación por algo que tanto preocupa hoxe como é o sistema de control e prevención de conflitos empregado. No curso 2005-2006 o Consello Escolar de Galicia elixiu o modelo de convivencia desenvolvido no IES As Telleiras para presentar nas Xornadas sobre convivencia nas aulas que se celebraron en Santiago de Compostela os días 5 e 6 de maio de 2006 e sentímonos especialmente orgullosos/as de ser elixidos, tamén no curso 2005-2006, e a nivel de España, como unha experiencia a presentar no congreso que o “Consejo Escolar del Estado” celebrou en Murcia os días 23-26 de maio de 2006. Desde o curso 2006-2007 o IES As Telleiras é un dos 14 centros de ensino galegos que conta cun certificado de calidade UNE-EN ISO 9001.

No curso 2007- 2008 fomos galardoados cun premio “Plan Valora 2007-2009” no Ámbito de convivencia cidadanía e cultura de paz, premio que tamén recibimos no curso 2006-2007. Asemade por terceiro ano consecutivo, e financiado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, estamos a desenvolver un proxecto de mellora da calidade educativa e, tamén por terceiro ano, formamos parte do colectivo dos centros da comunidade autonómica que ten un plan de mellora de bibliotecas escolares.

Como resultado de que unha vez superada a ESO o instituto especialízase no bacharelato e da preocupación por unha boa convivencia no centro, que permita ao alumnado adicarse ao estudo, obtéñense, desde fai anos, uns excelentes resultados nas probas de acceso á Universidade (selectivo). Sendo habitual un éxito próximo ao 100% do alumnado.

Queremos tamén salientar a preocupación que no IES As Telleiras temos pola formación en linguas estranxeiras polo que, como complemento do estudo que das mesmas se fai no centro ofertase inglés  correspondente ao nivel básico da Escola Oficial de Idiomas. Tamén ofertamos a posibilidade de cursar en lingua inglesa   a materia de tecnoloxía en 3º da ESO.

O claustro componse de sesenta profesores, unha xefa de oficina e dúas auxiliares administrativas, catro bedeis e cinco limpadoras, unha delas a media xornada encargada da limpeza do polideportivo compartido co Concello.

        A matrícula para o presente curso é de 539 alumnos e alumnas repartidos como segue:



Nivel

Curso

Nº Grupos

Nº Alumnos/as


ESO

3

75

3

82

3+1 grupo diversificación

77

3+ 1 grupo diversificación

87


BACHARELATO

3

90

3

76



ADULTOS



ESA

1º-2º

1

3+2

3º-4º

1

7+4

BACHALERATO

1

10

1

15

PCPI

Comercio*

1

1

Madeira**

                            1

10


CUALE (ESO)


INGLÉS

A1

1

26

A2

1

15


*1 grupo de PCPI na modalidade de formación educativa e profesional para operario de mecanizaxe de madeira realizado en colaboración co concello. A formación técnico profesional recíbena en dependencias municipais, no centro de formación Irmás Froilaz no polígono da Gándara, en horario de mañá e no IES As Telleiras, en horario de tarde, as clases das áreas formativas comúns e FOL.

** 1 grupo de PCPI na modalidade de programas de iniciación profesional para dependente de comercio, en colaboración con INDITEX . As prácticas as realizan nas diferentes empresas en horario de mañá e en horario de tarde, no IES As Telleiras, as clases das áreas formativas comúns, FEL e FOL.

O alumnado pertence na súa meirande parte ó concello de Narón na etapa da ESO aínda que tamén temos alumnado dos concellos veciños en maior número na ensinanza postobrigatoria.

A práctica totalidade do alumnado viaxa en transporte escolar. Na etapa obrigatoria subvencionado, en parte, pola Consellería de Educación e na postobrigatoria pola APA do centro e costeado polos pais e nais.