Vimeo, Flickr, Faceboock, blog Vimeo de IES Audiovisual Vigo Facebook de IES Audiovisual Vigo Facebook de IES Audiovisual Vigo Blog de IES Audiovisual Vigo

zona alumnos

O Instituto Audiovisual de Vigo, coñecido popularmente como EAV -Escola de Audiovisuais- creouse en novembro de 2005 co obxectivo principal de formar profesionais de alto nivel, capaces de dar resposta aos retos do mercado laboral dun sector audiovisual en continua renovación. O seu equipo directivo busca garantir a calidade da formación mediante un proxecto educativo avalado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e coa homologación na Unión Europea e a nivel internacional.

Na actualidade impártense no Instituto Audiovisual os ciclos completos de: Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Son, aos que se sumarán en próximos anos os de Imaxe, Realización e Creación de Videoxogos.

EAV Vigo

 

HISTORIA

O instituto naceu como resposta á necesidade histórica dun centro público que impartise os estudos da familia profesional de Imaxe e Son no sur de Galicia. Situada no barrio vigués de Bouzas, o centro ocupa os terreos dunha antiga asociación ligada ao sector pesqueiro e que foron alugados pola Consellería de Educación á Autoridade Portuaria.

No ano 2005, cunha partida orzamentaria de 2,5 millóns de euros acometeuse a reforma da edificación inicial, ampliando a súa superficie e dotándoa coas máis avanzadas tecnoloxías. O edificio inaugurouse en novembro de 2005.

Pasillo escola

 

INSTALACIÓNS

A EAV conta con máis de 4500 metros cadrados a total disposición dos estudantes. Instalacións do máis alto nivel técnico: estudo de radio, estudo de televisión, estudo virtual , estudo de postproducción de audio dixital (equipado cunha mesa de 24 canles Digidesing, software ProTools HD, monitorización 5.1 e pantallas de plasma de 42’’), sala de postproducción de vídeo, estudo de gravación, sala de realización, laboratorio de fotografía, taller de reparación e construción de cableado, equipamento para sonorización en directo, 11 cabinas individuais de postproducción de audio e 11 de vídeo, aulas informatizadas, conexión Wifi a Internet, biblioteca, videoteca, sala de exhibicións con capacidade para 80 persoas e teatro con aforamento para 250 persoas.

Instalacións

Galería de imaxes

ACTIVIDADES

O Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE) en colaboración con organismos, empresas e institucións, organiza unha extensa variedade de visitas, exposicións, conferencias, etc. que serven de reforzo á aprendizaxe, enriquecendo a formación que se recibe nas aulas.

Ademais, os propios alumnos desenvolven actividades que xa se foron afianzando ao longo dos últimos cursos como as Xornadas Audiovisuais, o Foro de Produción Musical, as visita ao festival de cine "Olhares Frontais" en Vilanoa do Castelo (Portugal) ou visita á feira audiovisual Broadcast en Madrid.

Visitas á TVG

Galerķa de imaxes