1º CONCURSO do PROXECTO LECTOR
- O MAGOSTO -

 

Dentro do Proxecto Lector de Centro do ano académico 2007/2008 e incluído na actividade Olimpíada do Saber, proponse a seguinte actividade a desenrolar na cuarta semana do mes de Novembro e coincidindo coa semana de celebración da festa do Magosto no centro.

Obxectivos
:

Facer da celebración do Magosto unha festa lúdica á vez que educativa, que permita a toda a comunidade e especialmente aos alumnos mellorar os coñecementos que posúen de todo o relacionado co magosto.

Participantes no concurso:

Todos os alumnos que o desexen

Temporalización:

Entre os días 19 e 21 de Novembro, ambos incluídos.

Desenvolvemento
:
 

  1. O venres, día 16 de Novembro todos os alumnos serán invitados a participar no concurso e se lles informará a través dos delegados de curso, que o luns estarán á súa disposición unha serie de preguntas relacionadas co tema. Os delegados lerán aos compañeiros as bases do concurso . Ademais anunciarase o concurso a través da nosa páxina web e en carteis colocados polo centro.
     

  2. Os alumnos interesados inscribiranse o luns día 19 de Novembro, durante o primeiro e segundo recreo, na biblioteca, onde lles será entregada unha folla con preguntas. As profesoras Charo Martínez (1º recreo) e Paz (2º recreo) serán as encargadas de inscribir aos alumnos e entregarlles a folla de preguntas.
     

  3. Os alumnos poderán utilizar os recursos desexados para responder ás preguntas: libros na biblioteca, internet e as follas que se atoparán pegadas polo instituto (na planta baixa e no primeiro andar) onde aparece a resposta a todas e cada unha das preguntas.
     

  4. Unha vez respondidas entregarán a folla cumprimentada en dirección, durante os recreos de martes 20 e mércores 21, onde quedarán rexistrados cun número de entrada que será o número co que participen no sorteo do venres día 23 de novembro.
     

Premios:

Os 25 primeiros en entregar a folla cumprimentada con tódalas respostas correctas, recibirán un pequeno agasallo, que lles será entregado o venres día 23 de Novembro.

Ademais, farase un sorteo entre todos os participantes
o día 23 de Novembro no salón de actos durante a celebración do magosto. Os premiados levarán outro agasallo.
 

1º CONCURSO do PROXECTO LECTOR
“OLIMPIADA DO SABER”
- O MAGOSTO -

BASES

  1. O concurso consiste en responder unha serie de preguntas relacionadas co magosto.
     

  2. A folla de preguntas pode ser recollida, por todos os alumnos interesados en participar, durante os recreos do luns 19 de novembro, na biblioteca.
     

  3. Unha vez respondidas, a folla será entregada en dirección, durante os recreos do martes 20 e mércores 21. Ao entregala, os alumnos quedarán rexistrados cun número, que será co que participen no sorteo.

    NOTA: As respostas pódense atopar buscando nas follas, que estarán pegadas polo instituto, entre a planta baixa e o primeiro andar. Poden ser utilizados outros medios (internet, libros, pais, veciños....)
     

PREMIOS:

Dúas modalidades:

  1. Aos 25 primeiros en entregar a folla con todas as respostas correctas entregaráselles un “pequeno agasallo”
     

  2. Sorteo, entre todos os participantes, (5 premiados): entregaráselles un “gran agasallo”. (O día 23 no salón de actos).
     



PARTICIPA!!!

14 de novembro de 2007

A coordinadora
 

Mª Paz Rodríguez

Descarga as bases en formato PDF