MAGOSTO 2007
 

NORMAS E ACTIVIDADES PARA O DÍA DO MAGOSTO (23 de Novembro de 2007)

  1. Haberá clase normal as 4 primeiras horas.
     

  2. O alumnado deixará as mochilas na aula onde teñan clase a 4ª hora. As aulas quedarán pechadas.
     

  3. Ás 12:00 todo o alumnado sairá ao patio. Poderán pedir castañas ao castañeiro que as está preparando. Prégase a todos respecto e orde na petición de castañas.

    NOTA: O alumnado colaborará co castañeiro levando o seu propio cucurucho, feito con papel de xornal, que poderán pedir en conserxería ou, mellor, traer da súa casa se lles é posible.
     

  4. Ás 12:20 entrará no salón de actos o alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC. Ás 12:30 empezará o primeiro pase da actuación do grupo de pandeireteiras “A volta do demo” e do grupo de baile “Semente da arte galega” do CSCR de BEADE, ambos formados por alumnos e alumnas do centro. (A actuación ten unha duración aproximada de 15 ou 20 min).
     

  5. Ás 13:00 entrará no salón de actos o alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO. Ás 13:10 empezará o segundo pase da mesma actuación.
     

  6. Ás 13:40 entrarán no salón de actos os participantes no concurso “1º CONCURSO DA OLIMPIADA DO SABER -O MAGOSTO”, farase o sorteo e serán entregados os agasallos aos premiados.
     

  7. Ás 12:00 h, simultaneamente, no patio, dará comezo a exhibición de “xogos tradicionais”. O alumnado interesado en participar deberá pórse en contacto co seu profesor de Educación Física para anotarse.

    MOI IMPORTANTE: É obrigatorio deixar perfectamente limpo o recinto escolar, polo que se situarán contedores para tal fin. Prégase a todos que as peladuras, papeis... sexan depositados nos contedores, de non ser así, suspenderase a festa antes da hora establecida e dedicaremos o tempo restante a recoller todo. Así mesmo repercutirá negativamente para a decisión de celebración de próximas edicións.
     

  8. Ás 13:55 abriranse as aulas e o alumnado poderá subir a recoller as súas mochilas e marchar para as súas casas.


PRÉGASE A COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODOS PARA QUE A CELEBRACIÓN SEXA UN ÉXITO.

Grazas


A dirección