PROXECTO TOMTOM  
     
   
     
 

O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística vén de crear unha voz en galego para os GPS TomTom. A voz é de Irene Luaces, alumna de 3º ESO-C. Se queres utilizala tes que escoller unha destas dúas opcións.

1. A voz está compartida no servidor de TomTom, polo tanto podes utilizar o programa TomTom HOME para descargala e instalala automaticamente no teu navegador GPS. Para buscar a voz escribe Irene-IES Beade ou pon galego como filtro.

2. Descarga desde esta mesma páxina o ficheiro, descomprímeo no teu ordenador e, co explorador de cartafoles de windows, copia  os tres ficheiros (data90.chk, data90.vif e data90.bmp) no cartafol voices do teu TomTom.

Agora xa só tes que seleccionar a voz no navegador GPS.

 
     
   
  Descargar ficheiro