Descripción: C:\_Documents\cd Orientación 2012\img\FpeGSAccAdm.png

A continuación tes información sobre os modos de acceso ós ciclos superiores da Formación Profesional: acceso directo (normalmente con Bacharelato) e acceso mediante proba (para os que non teñan os requisitos de acceso directo). A continuación, preséntase o proceso de admisión e matrícula.

Acceso directo

(80 % das prazas).

Prioridades na admisión:

Na admisión de alumnos ós ciclos, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse os seguintes criterios de prioridade:

1.      Ter superado algunha das modalidades de bacharelato que se determinan para cada ciclo coas materias vinculadas ó mesmo.

2.      Ter superado algunha das modalidades do bacharelato que se determinan para cada ciclo sen cursar algunha das materias vinculadas ó mesmo.

3.      Cursar algunha das modalidades de bacharelato distintas das establecidas para o ciclo.

4.      Estar en posesión do título de técnico superior.

5.      Estar en posesión dunha titulación universitaria.

Dentro de cada un dos grupos anteriores, a orde de prioridade verá determinada por:

A.     Maior nota media no expediente académico.

B.     Maior nota, ou maior nota media, se é o caso, na materia ou materias vinculadas.

Criterios de prioridade segundo a modalidade e as materias de Bacharelato

Modalidades preferentes e materias vinculadas do bacharelato para o acceso a ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo

Familia profesional

Ciclos de grao superior

Modalidades de bacharelato

Materias de bacharelato

Actividades agrarias

Xestión e organización de empresas agropecuarias

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Ciencias da terra e do ambiente

Actividades físicas e deportivas

Animación de actividades físicas e deportivas

Calquera modalidade de bacharelato

 

Actividades marítimo-pesqueiras

 

 

 

 

 

 

Administración

Secretariado

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Economía e organización de empresas

Artes gráficas

Deseño e produción editorial

Artes.

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Debuxo técnico

Produción en industrias de artes gráficas

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Tecnoloxía industrial II

Comercio e márketing

Comercio internacional

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Economía e organización de empresas

Servizos ao consumidor

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Economía e organización de empresas

Xestión comercial e márketing

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Economía e organización de empresas

Comunicación, imaxe e son

 

 

 

Edificación e obra civil

Realización e plans de obra

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Debuxo técnico

Electricidade e electrónica

 

 

 

Fabricación mecánica

Óptica de anteollos

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Tecnoloxía industrial II

Hostalaría e turismo

Animación turística

Artes.

Humanidades e ciencias sociais.

Segunda lingua estranxeira

Imaxe persoal

Asesoría de imaxe persoal

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

 

Industrias alimentarias

 

 

 

Informática

 

 

 

Madeira e moble

 

 

 

Mantemento de vehículos autopropulsados

Mantemento aeromecánico

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Electrotecnia.

Mecánica

Mantemento de aviónica

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Electrotecnia

Mantemento e servizos á produción

Prevención de riscos profesionais

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Tecnoloxía.

 

Química

Fabricación de produtos farmacéuticos e afíns

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Química

Química ambiental

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Química

Sanidade

Anatomía patolóxica e citoloxía

Ciencias da natureza e da saúde

Bioloxía

Dietética

Ciencias da natureza e da saúde

Bioloxía

Documentación sanitaria

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

 

Hixiene bucodental

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Bioloxía

Imaxe para o diagnóstico

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

 

Laboratorio de diagnóstico clínico

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Bioloxía

Ortoprotésica

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Debuxo técnico

Radioterapia

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

 

Saúde ambiental

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Ciencias da terra e do ambiente

Servizos socioculturais e á comunidade

Animación sociocultural

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Tecnoloxía.

 

Integración social

Ciencias da natureza e da saúde.

Humanidades e ciencias sociais.

Tecnoloxía.

 

Interpretación da lingua de signos

Calquera modalidade de bacharelato

 

Téxtil, confección e pel

Curtidos

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Química

Vidro e cerámica

Fabricación e transformación de produtos de vidro

Ciencias da natureza e da saúde.

Tecnoloxía.

Química

 

En relación coa preferencia no acceso a ciclos formativos de grao superior as modalidades de bacharelato de tecnoloxía e de ciencias da natureza e da saúde establecidas pola LOXSE, terán a mesma consideración para efectos de acceso que a modalidade de ciencias e tecnoloxía establecida pola LOE.

 

Modalidades preferentes e materias vinculadas do bacharelato para o acceso a ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Familia profesional

Ciclos de grao superior

Modalidades de bacharelato

Materias de bacharelato

Actividades físicas e deportivas 

 

 

 

Administración e xestión

Administración e finanzas

Humanidades e ciencias sociais.

 

Agraria

Xestión forestal e do medio natural

Ciencias e tecnoloxía.

 

Artes gráficas

 

 

 

Artes e artesanías

 

 

 

Comercio e márketing 

Transporte e loxística

Humanidades e ciencias sociais.

 

Márketing e publicidade

Humanidades e ciencias sociais.

 

Edificación e obra civil

Proxectos de edificación

Ciencias e tecnoloxía. Artes.

 

Proxectos de obra civil

Ciencias e tecnoloxía. Artes.

 

Electricidade e electrónica

Sistemas electrotécnicos e automatizados

Ciencias e tecnoloxía.

 

Sistemas de telecomunicación e informáticos

Ciencias e tecnoloxía.

 

Automatización e robótica industrial

Ciencias e tecnoloxía.

 

Mantemento electrónico

Ciencias e tecnoloxía.

 

Enerxía e auga

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Ciencias e tecnoloxía.

 

Enerxías renovables

Ciencias e tecnoloxía.

 

Fabricación mecánica

Programación da produción en fabricación mecánica

Ciencias e tecnoloxía.

 

Construcións metálicas

Ciencias e tecnoloxía.

 

Deseño en fabricación mecánica

Ciencias e tecnoloxía.

 

Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros

Ciencias e tecnoloxía

 

Hostalaría e turismo

Xestión de aloxamentos turísticos

Humanidades e ciencias sociais.

 

Axencias de viaxes e xestión de eventos

Humanidades e ciencias sociais.

 

Guía, información e asistencias turísticas

Humanidades e ciencias sociais.

 

Dirección de cociña

Ciencias e tecnoloxía.

 

Dirección de servizos de restauración

Ciencias e tecnoloxía.

 

Imaxe persoal

Estética integral e benestar

Ciencias e tecnoloxía.

 

Estilismo e dirección de peiteado

Ciencias e tecnoloxía.

Humanidades e ciencias sociais.

 

Imaxe e son

Produción de audiovisuais e espectáculos

Ciencias e tecnoloxía.

 

Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

Ciencias e tecnoloxía.

 

Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

Ciencias e tecnoloxía.

 

Son para audiovisuais e espectáculos

Ciencias e tecnoloxía.

 

Iluminación, captación e tratamento de imaxe

Ciencias e tecnoloxía.

 

Industrias alimentarias

Vitivinicultura

Ciencias e tecnoloxía.

 

Procesos e calidade na industria alimentaria

Ciencias e tecnoloxía.

 

Industrias extractivas

 

 

 

Informática e comunicacións

Administración de sistemas informáticos en rede

Ciencias e tecnoloxía.

 

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Ciencias e tecnoloxía.

 

Desenvolvemento de aplicacións web

Ciencias e tecnoloxía.

 

Instalación e mantemento

Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

Ciencias e tecnoloxía.

 

Mantemento de instalacións

térmicas e de fluídos

Ciencias e tecnoloxía

 

Mecatrónica industrial

Ciencias e tecnoloxía.

 

Madeira, moble e cortiza 

Deseño e amoblamento

Ciencias e tecnoloxía.

Artes.

 

Marítimo-pesqueira

Transporte marítimo e pesca de altura

Ciencias e tecnoloxía.

 

Acuicultura

Ciencias e tecnoloxía.

 

Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións

Ciencias e tecnoloxía.

 

Química

Química industrial

Ciencias e tecnoloxía.

Química

Laboratorio de análise e de control de calidade

Ciencias e tecnoloxía.

Química

Sanidade

Audioloxía protésica

Ciencias e tecnoloxía.

 

Próteses dentais

Ciencias e tecnoloxía.

 

Seguridade e ambiente

Educación e control ambiental

Ciencias e tecnoloxía.

 

Servizos socioculturais e á comunidade

Educación infantil

Humanidades e ciencias sociais.

 

Téxtil, confección e pel

Patronaxe e moda

Ciencias e tecnoloxía.

 

Deseño e produción de calzado e complementos

Ciencias e tecnoloxía.

Artes.

 

Transporte e mantemento de vehículos

Automoción

Ciencias e tecnoloxía.

 

Vidro e cerámica

Desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos

Ciencias e tecnoloxía.

 

 

 

 

Acceso mediante proba

(20 % das prazas).

·         Maior de 19 anos ou que os cumpra no 2015.

(O requisito de idade é de 18 anos se dispón dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta)

·         Non ter os requisitos académicos para o acceso directo.

 

PROBA DE ACCESO ÓS CICLOS SUPERIORES para alumnos de 19 anos que non cumpren os requisitos académicos.

 

A proba de acceso consta de dúas partes:

Parte Común

Relacionada cos contidos do bacharelato e valorará a capacidade de razoamento e expresión escrita:

§         Lingua galega.

§         Lingua castelá.

§         Matemáticas.

Parte específica

Esta parte avaliará os coñecementos en relación coa materia ou materias vinculadas a cada ciclo.

Organízase en base a tres opcións A, B, e C

• Parte especifica (*)

Organizase en tres opcións (A, B e C)

  • Opción A. economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofa e cidadanía
  • Opción B. debuxo técnico. tecnoloxia industrial, e física
  • Opción C: ciencias da terra e ambientais química e bioloxia

 

(*) O alumnado elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerá dúas materias en función das familias profesionais e materias de referencia para cada unha segundo a seguinte táboa:

 

Organización en opcións da parte específica da
proba a ciclos formativos de grao superior
en función da familia profesional á que se desexe acceder

 

Opcións segundo familias profesionais
derivadas da LOXSE

Opcións segundo familias profesionais
derivadas da LOE

Materias de referencia
do bacharelato

Opción A

Administración.

Comercio e márketing.

Hostalaría e turismo.

Servizos socioculturais e á comunidade.

Comunicación, imaxe e son (só o ciclo de produción de audiovisuais, radio e espectáculos).

Administración e xestión.

Comercio e márketing.

Hostalaría e turismo.

Servizos socioculturais e á comunidade.

Imaxe e son (só o ciclo de produción de audiovisuais, radio e espectáculos).

Materias da opción A

·         Economía da empresa.

·         Lingua estranxeira (francés ou inglés)

·         Filosofía e cidadanía.

Opción B

Actividades marítimo-pesqueiras (agás o ciclo de produción acuícola).

Artes gráficas.

Edificación e obra civil.

Electricidade e electrónica.

Comunicación, imaxe e son (agás o ciclo de produción de audiovisuais, radio e espectáculos).

Fabricación mecánica.

Madeira e moble.

Informática.

Mantemento e servizos á produción.

Mantemento de vehículos auto­propulsados.

Téxtil, confección e pel (agás o ciclo de curtidos, e o de procesos de ennobrece­mento textil).

Vidro e cerámica.

Artes gráficas.

Edificación e obra civil.

Electricidade e electrónica

Imaxe e son (agás o ciclo de produción de

audiovisuais, radio e espectáculos).

Enerxía e auga.

Fabricación mecánica.

Informática e comunicacións.

Instalación e mantemento.

Madeira, moble e cortiza. Marítimo-pesqueira (agás o ciclo de produción acuícola).

Transporte e mantemento de vehículos.

Téxtil, confección e pel (agás o ciclo de curtidos, e o de procesos de ennobrece­mento textil).

Industrias extractivas.

Vidro e cerámica.

Materias da opción B

·         Debuxo técnico.

·         Tecnoloxía Industrial.

·         Física.

Opción C

Actividades agrarias.

Actividades físicas e deportivas. Imaxe persoal.

Industrias alimentarias.

Actividades marítimo-pesqueiras (só o ciclo de produción acuícola).

Química.

Téxtil, confección e pel (só o ciclo de curtidos, e o de procesos de ennobrece­mento textil).

Sanidade

Agraria.

Actividades físicas e deportivas.

Imaxe persoal.

Industrias alimentarias.

Marítimo-pesqueira (só o ciclo de produ­ción acuícola)

Química.

Seguridade e medio ambiente.

Téxtil, confección e pel (só o ciclo de curtidos, e o de procesos de ennobrece­mento textil).

Sanidade.

Materias da opción C

·         Ciencias da terra e ambientais.

·         Química.

·         Bioloxía.

 

Cualificación da proba:

 A proba de acceso cualificarase numericamente entre cero e dez para cada unha das partes. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos un catro en cada parte e será a media aritmética destas con dous decimais.

Para a superación da proba será necesario acadar a cualificación mínima de 5.


Inscrición e celebración das probas de acceso a ciclos de grao superior.

Celebrarase unha convocatoria ordinaria anual de probas de acceso aos ciclos de grao superior.

A inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior farase na secretaría dos institutos públicos de ensino secundario e nos centros integrados en que se impartan ensinanzas de formación profesional, nas datas que determine a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o modelo de inscrición que se facilite para tal efecto.


Validez da certificación de superación da proba.

Expediráselle a acreditación correspondente ao alumnado que superara a referida proba. Será válida como requisito de acceso a todos os ciclos formativos relacionados coa opción elixida para a proba.

A certificación de superación da proba terá validez como requisito de acceso en todo o territorio nacional, e manterá a súa vixencia sempre que non se modifique o título e as ensinanzas correspondentes ao ciclo formativo.

No caso de non superar a totalidade da proba, a cualificación nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco manterase en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia durante un máximo de dous anos.

 

Inscripción e calendario de realización das probas de acceso ós ciclos superiores

Inscrición na secretaría dos institutos nos que se imparta FP

Do 23 de febreiro ao 6 de marzo

Relación provisional persoas inscritas no taboleiro de anuncios do centro onde se realizou a inscrición

Día 23 de marzo

Reclamación a listaxe provisional de inscritos

Entre os días 24 ao 26 de marzo

Relación definitiva de inscritos

Día 17 de abril

 

            A solicitude por duplicado deberase presentar na secretaría dun dos centros que impartan ensinanzas de FP. O centro que tramite a solicitude deberalle entregar ó solicitante unha copia selada desta.

            As probas de acceso celebraranse o día 29 de abril de 2015, no seguinte horario:

 

·         Ás 9.00 horas : presentación.

·         Das 10:15 ás 13:30 horas: Parte común da proba: matemáticas, lingua galega e lingua castelá.

·         Das 16:00 ás 18:30 horas, materias específicas da opción vinculada ó ciclo formativo ó cal se desexe acceder..

 

            As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o DNI e copia da folla da solicitude de inscripción.

            Resultados provisionais das probas publicados nos centros onde se realizaron e na páxina web www.edu.xunta.es/fp o 15 de maio. (contra esta cualificación provisional pódese presentar reclamación os días 18 ao 20 de maio).

            Publicación da cualificación definitiva o 29 de maio nos centros onde se realizaron e na páxina web www.edu.xunta.es /fp.

Entrega de certificados nos centros onde realizaron as probas a partir do 1 de xuño..

 

            Na páxina www.edu.xunta.es/fp tedes información e exames de anos anteriores para consultar.

 

Admisión en Ciclos Formativos de Grao Superior

Solicitude de praza

Prazos de presentación de solicitudes e documentación:

Para cursar estas ensinanzas deberase facer unha preinscrición ou solicitude de admisión que con carácter xeral será nos seguintes dous prazos:

 

·         Prazo ordinario: 17 de xuño ó 2 de xullo.

·         Prazo extraordinario: 1 ó 13 de setembro.

Quen presente solicitude no prazo ordinario terá preferencia sobre quen a presente no prazo extraordinario e soamente poderá presentar a solicitude quen cumpra os requisitos académicos antes mencionados no momento da inscrición.

Cada solicitante presentará unha única instancia por duplicado) , que entregará no centro onde se imparta o ciclo solicitado en primeiro lugar e na que fará constar, por orde de preferencia, os ciclos que desexe cursar e os centros onde se impartan (pódense consignar oito preferencias de ciclos como máximo).

 

Ademais deberá xuntar á solicitude a seguinte documentación:

 

Proceso de admisión e matrícula

 

Solicitudes presentadas no período ordinario:

 

Publicación da relación provisional de solicitantes (con indicación da puntuación acadada e as opcións priorizadas) : nos primeiros días de xullo.

 

Poderanse presentar reclamacións ata mediados de xullo.

           

Publicación da relación de admitidos en cada ciclo: na segunda quincena de xullo.

Exposta no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web www.edu.xunta.es/fp.

 

As persoas admitidas en cada fase do proceso teñen a obriga de formalizar a matrícula nos prazos que se indiquen.

 

No primeiro curso quen non fose admitido na praza solicitada en 1º lugar poderá renunciar á praza outorgada o que implica tamén desistir de todas as demais solicitadas en opcións de menor preferencia a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións de maior prioridade e asumindo o risco de que non se lle adxudique ningunha das prazas que solicitou, polo que no momento de renunciar debe valorar a posibilidade de que lle adxudiquen algunha das prazas sinaladas en anteriores postos de prioridade. Poderá consultalo no enderezo www.edu.xunta.es

 

Prazo de formalización da matrícula ou renuncia para alumnos admitidos: na segunda quincena de xullo.

 

F  Os solicitantes admitidos que non se matriculen e non presenten renuncia neste prazo, perderán o dereito á súa praza e se escolarizarán ó final do proceso, se houbera vacantes.

 

Publicación dunha segunda lista de admitidos e prazo de matrícula a finais de xullo.

 

Solicitudes presentadas no período extraordinario:

 

Publicación da relación provisional de solicitantes (con indicación da puntuación acadada e as opcións priorizadas) : a mediados de setembro e prazo de reclamación.

 

Publicación da lista de admitidos de admitidos en cada ciclo: na segunda quincena de setembro e 1º prazo de matrícula. Exposta no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web www.edu.xunta.es/fp.

 

Publicación dunha segunda lista de admitidos e prazo de matrícula a finais de setembro. O proceso de admisión rematará a finais de setembro.

 

O solicitante que indique un número de móbil na solicitude de admisión recibirá unha comunicación vía SMS na que se indicará o centro e ciclo adxudicados e o prazo de matrícula ou renuncia correspondente.

F    Os prazos anteriores son aproximados tendo en conta os calendarios de cursos pasados, xa que aínda non se coñecen as datas definitivas para o acceso o curso 2015-16. No mes de maio sairán as datas oficiais que poderedes consultar no departamento de orientación ou no taboleiro de anuncios de orientación.

 

A continuación relaciónase a oferta dos ciclos formativos neste curso 2014-15. A oferta do curso próximo comunicarase cando estea dispoñible, normalmente a mediados de maio, tendo en conta que xa case non aparecen titulacións novas, senón pequenos cambios nos centros en que se imparten as actuais respecto ó curso anterior.