UNIDADE 05: AL-ANDALUS
Da
conquista de Al-Andalus ao
califato
A conquista e o
emirato dependente
No
ano 711, o
reino visigodo atravesaba por unha guerra civil que
enfrontaba a Rodrigo e Axila, pola sucesión ao trono. Axila pediu axuda aos musulmáns
do norte de África. Os musulmáns derrotaron a Rodrígo na batalla
da Guadalete.
En
só catro anos os seus exércitos musulmáns ocuparon a maior parte
da Península aínda que axiña
abandonaron as terras ao
norte do Sistema Central, debido ao seu clima frío.
Os
musulmáns chamaron Al-Andalus as terras
que quedaron no seu poder e estableceron
a súa capital en Córdoba.
Al-Andalus organizouse
inicialmente como un emirato dependente do califato de Damasco, á fronte do que se encontraba o emir ou
gobernador
O emirato independente
A
dinastía Abasida fíxose co
poder do islam e a familia Omeia foi
asasinada en Damasco. Tan só
un dos seus membros, o mozo
Abderramán, conseguir escapar e chegar ata Al-Andalus.
No
século VIII proclamouse
emir independente de Córdoba, co
nome de Abderramán
I.
O califato
No
século X Abderramán III proclamouse
califa significaba que ademáis de dirixir o goberno, era a máxima autoridade relixiosa.
O
xeneral Almanzor realizou
campañas de saqueo contra os reinos cristiáns do
norte.
O
califato de Córdoba foi o período máis
brillante da historia de andalusí.
Da
fragmentación do califato ao reino nazarí
Os reinos de taifas
A
partir do século XI o califato dividiuse
en numerosos reinos ou taifas.
A
desunión debilitounas polo que foron
atacadas constantemente polos reinos cristiáns do
norte. Para evitar os ataques reis das taifas pagaban parias (tributos) aos reis critiáns.
Os imperios
norteafricanos
Os
almorábides
eran do norte de África. Cruzaron o estreito de Xibraltar e chegaron á Península para
frear o avance dos reinos critiáns.
Os
almorábides
foron substituídos polos
almohades, que lanzaron unha ofensiva contra os
reinos cristiáns. A unión militar destes
permitiu frealos na batallas das Navas de Tolosa. Tras esta
derrota, o imperio almohade desintegrouse e os cristiáns ocuparon case toda Al-Andalus.
O reino de Granada
O
reino de Granada converteuse no último territorio
musulmán na Península.
O
reino de Granada era moi débil e pagaba tributos aos monarcas casteláns.
Os
Reis Católicos conquistarono en 1492.
A
vida en Al-Andalus
Unha
sociedade hetereoxénea
A
sociedade andalusí estaba formada por:
O
grupo máis
poderoso estaba formado polos conquistadores.
O
resto da poboación
organizábase por criterios relixiosos:
Unha
economía próspera
A
maior parte da poboación andalusí
dedicábase á agricultura. Cultivaban cereais, a vide e a Oliveira.
Nas cidades desenvolveuse unha produción artesá de gran calidade
Al-Andalus foi o centro dun comercio moi activo.
A
cultura e a arte andalusí
A arquitectura
Os
arquitectos hispanomusulmáns edificaron mesquitas e os palacios. Características:
Edificios: Xiralda e
Torre do Ouro (Sevilla), Alhambra (Granada), Mesquita e Medina Azahara
(Córdoba).