TEMA 05: AS PAISAXES DA TERRA
Os
climas da Terra
Os
climas cálidos: ecuatorial, tropical
e desértico.
Os
climas temperados: oceánico, mediterráneo
e continental.
Os
climas fríos: polar e de altas
montañas.
A
zona de clima ecuatorial: a selva
En
torno ao ecuador dáse o clima ecuatorial.
A
paisaxe característica da zona ecuatorial é a selva. É un bosque denso e exuberante, sempre verde, caracterizado
pola gran diversidade de especies tanto vexetais (caoba, ébano) coma animais
(aves e insectos). A vexetación gradúase en altura. A Amazonía é a selva máis
grande do mundo.
Debido
á calor e á humidade, as enfermedades son frecuentes e o solo é fráxil. Por
esta razón o interior da selva está case deshabitado. Só viven algún pobos
primitivos: pigmeos (África), indíxenas do Amazonas (América).
A
zona de clima tropical: a sabana
Cara
os trópicos aparece o clima tropical.
A
sabana é unha enorme chaira cuberta
de herbas. Entre as herbas crecen algúns arbustos e árbores dispersas de folla
caduca, como a acacia e o baobab. Nas beiras dos ríos tropicais aparecen
árbores propias da selva, formando o chamado bosque-galería.
Na
sabana viven moitos animais herbívoros, como xirafas, gacelas e cebras, e tamén
carnívoros, como os leóns.
A
poboación concéntrase nas costas e na beira dos ríos.
Os
desertos
O
clima desértico caracterízase porque
as chuvias son moi escasas.
Segundo
a temperatura distínguense dous tipos de desertos:
Nos desetos de area predominan as dunas.
Os
ríos están secos a maior parte do
ano e só levan auga cando chove. A estes cursos de auga intermitente
chámaselles uadis.
A
falta de auga fai que a vexetación e a fauna sexan escasas. Só existen especies
adaptadas á aridez: plantas (cactos) e animais (dromedarios). Nas zonas
húmidas, aparecen as palmeiras datileiras, que forman oasis.
Paisaxes
de clima mediterráneo
O
clima mediterráneo esténdese en
torno ao mar Mediterráneo.
A
vexetación está composta polo bosque
mediterráneo, formado por árbores como as aciñeiras, as sobreiras e os
piñeiros, e matogueiras e arbustos, moitos deles aromáticos (xara, romeu,
lavanda..).
A
paisaxe mediterránea está moi transformada. Nas últimas décadas, o turismo
transformou este medio máis ca ningún outro.
A
paisaxe de clima continental
A
paisaxe continental esténdese polo interior dos continentes do hemisferio
norte. O clima continental.
Vexetación
da zona continental:
A
taiga está pouco poboada. A pradaría é a zona de clima continental máis humanizada.
A
paisaxe de clima oceánico
A
paisaxe oceánica esténdese polas costas occidentais das zonas temperadas. O clima oceánico.
A
vexetación é abundante e moi verde. Hai extensos prados, bosques de folla
caduca, como as faias, os carballos
e os freixos. Nas zonas con solos pouco fértiles aparece a landa, unha formación vexetal de arbustos, herbas e matogueiras.
A
zona oceánica é un medio moi poboados.
A
paisaxe de clima polar
Sitúase
entre os círculos polares e os polos. Clima
polar.
O
xeo e a neve son os elementos típicos da paisaxe polar, que destaca polo seu
aspecto branco.
Nas
franxas maís próximas á zona temperada aparece un curto verán, alí crece a tundra, formada por carrizas e liques.
Na tundra habitan renos, raposos e lobos.
Estes
medios son moi difíciles para a vida humana.
A
paisaxe de clima de alta montaña
Nos
cumes máis elevados dáse o clima de alta
montaña.
As
temperaturas e as precipitacións modifícanse coa altitude: conforme ascendemos
pola montaña, as temperaturas son máis frías e as precipitacións aumentan.
A
vexetación vai cambiando coa altitude.