| |
---Aquí
tedes unha pequena selección de mitos gregos nos que
as árbores teñen un especial protagonismo. O
loureiro, a oliveira, a vide ou a aciñeira tiveron
unha capital importancia na cultura mediterránea e
os moradores das nacións bañadas polo Mare
Nostrum pronto asociaron estas prantas ao culto das súas
divindades, chegando incluso a consideralas sagradas. Nós,
que cando pensamos nas árbores asociámolas á
produción de papel, de tarimas frotantes ou parqués,
quizais deberiamos reflexionar sobre ese carácter sacro
que lles outorgaban os antigos e sentirnos máis como
parte desa natureza que estamos destruíndo que como
consumidores dos produtos que obtemos dela... non vaia ser
que nos suceda o que a Erisicton.
|
|