A árbore na mitoloxía

Breve narración, acompañada de imaxes e poemas de diferentes períodos artísticos, de catro mitos da Antigüidade grecolatina relacionados coas árbores.

Traballo realizado polas alumnas de Latín de 4º B ESO Zhanna Manukyan, Alba Sóñora Noya e Ana Souto Villanustre.
Departamento: Latín.


  

Posibles preguntas para avaliar a comprensión do traballo ou para reflexionar sobre o mesmo
 
Sobre Atenea:
Que árbore está consagrada a esta deusa?
Con que deus se enfrontou Atenea polo dominio da Ática?
 
Sobre Erisicton:
Que castigo recibiu Erisicton por ter cortado unha aciñeira sagrada?
A que divindade estaba consagrada esta árbore?
Investiga: Que é unha Dríade?
 
Sobre Apolo e Dafne:
Por que o amor de Apolo por Dafne non foi correspondido?
Que autor barroco ten un soneto dedicado á ninfa Dafne?
 
Sobre Dionisos:
Que famoso pintor ten unha obra titulada El triunfo de Baco?
Cal é a planta consagrada a este deus?
Investiga: Que é un ditirambo? Que relación ten co nacemento do teatro?