Rota lendaria por Brión |
O CASTELO DE ALTAMIRA
LENDA DAS TORRES DE ALTAMIRA
LENDA DO PAZO DE TRASOUTEIRO
PASADIZO DAS TORRES DE ALTAMIRA
LENDA DE RAÑALONGA
PICO DO COTO DA PEDRA DA PENA
LENDA DO CASTRO DE ONS
O CRAVO DE SAN XULIÁN DA LUAÑA
LENDA DE SAN XULIÁN DA LUAÑA
O CASTELO DE ALTAMIRA
|
|||||
|
|||||
Hai moitos anos, alá polos séculos
XI e XII, o castelo de Altamira tivo un gran poder. No castelo había
un pozo ao que non se lle vía o fondo e dicíase que deste
pozo saia un túnel que comunicaba o castelo co pazo de Trasouteiro
onde residía o capitán Barbeira xefe das tropas do conde
de Altamira. Segundo a lenda o túnel estaba cheo de ouro que o conde gardaba alí e que custodiaba o capitán Barbeira e dúas meigas moi poderosas. Esta lenda chegou ata non hai moitos anos porque alá polo 1950 uns cantos veciños de Brión xuntáronse nunha taberna e decidiron ir buscar o tesouro. Un deles que era medio meigo dixo que para poder chegar ao tesouro había que desfacer o feitizo que fixeran as meigas e necesitaba un pau de cedro e un pergameo. Así comezaron a desfacer fontes e cruceiros porque crían que eran puntos onde buscar para poder chegar ao ouro. Por pouco todos rematan no cárcere. |
|||||
Nome do informante: Carlos Santos Ferradás Idade: 40 anos Enderezo: Paseo Pedrouzos nº 50, Brión Recolle a lenda: Paloma Mas Serrano Idade: 12 anos Enderezo: Paseo Pedrouzos nº 18, Brión Recolle a lenda: Ariadna Santos González Idade: 11 anos Enderezo: Paseo Pedrouzos nº 50, Brión |
LENDA DAS TORRES DE ALTAMIRA
|
|||||
|
|||||
Había unha vez unha muller moi rica e
estrafalaria á que os veciños tomaban por bruxa; cando faltaba
pouco para o solsticio de verán os rapaces da aldea andaban na
procura dun lugar para facer a cacharela e elixiron o alto de Altamira. Fixeron unha lumeira grande, comeron e beberon, bailaron e saltaron e cando remataron quedaron no alto do monte e de pronto un mundo de rochas xurdiron do chan e formaron o castelo cos rapaces alí dentro. |
|||||
Nome do informante: Teresa Álvarez Álvarez
Idade: anos Enderezo: Ourense Recolle a lenda: Matheo Zé Thelem Álvarez Idade: 12 anos Enderezo: Pedrouzos, Brión |
LENDA DO PAZO DE TRASOUTEIRO
|
|||||
|
|||||
Hai xa tempo, unha muller de Trasouteiro desapareceu
da súa casa durante varios días. A familia estaba moi preocupada
e acordou poñerlle unha misa á virxe do Carme para ver se
volvía. Aos poucos días atopárona na fonte do pazo media tola e engurrada e sucedeu que de alí a un tempo morreu polo que a súa familia non se volveu a acordar da misa. As criadas do pazo que ían á fonte atopaban o espírito da muller e saían a todo fuxir. Despois de varios días o cura e máis o sancristán foron onda a muller para preguntarlle que tiñan que facer para que descansara en paz e a muller pediulle unha misa. A familia púxolle a misa e a muller descansou. Desde entón a noite que morreu a muller óense salaios no pozo. |
|||||
Nome do informante: Amalia Idade: 65 anos Enderezo: Xinzo, Bastavales, Brión Recolle a lenda: Minia Muíño Rey Idade: 12 anos Enderezo: Trasouteiro, Brión |
PASADIZO DAS TORRES DE ALTAMIRA
|
|||||
|
|||||
LENDA DE RAÑALONGA
|
|||||
|
|||||
Conta a lenda que nos montes de Rañalonga, na parte alta do concello de Brión, nun lugar que aínda hoxe hai un cruce de camiños, antigamente, hai moitos, moitos anos, tantos que ninguén se lembra andaba por alí unha galiña que tiña os pitos de ouro. | |||||
Nome do informante: Carmen Salgueiro Lourido Idade: 70 anos Enderezo: Guisande , Os Ánxeles, Brión Recolle a lenda: José Blanco Martínez Idade: 12 anos Enderezo: Guisande , Os Ánxeles, Brión |
PICO DO COTO DA PEDRA DA PENA
|
|||||
|
|||||
LENDA DO CASTRO DE ONS
|
|||||
|
|||||
Un día, alá polo ano 1940 un
veciño de Ons decidiu facer unha casa preto do castro e chamou
a unha cuadrilla de canteiros para que lla levantaran. Os canteiros foron ao castro para coller pedra e de alí a poucos días desapareceron da aldea, fuxiron sen tan sequera levar as súas ferramentas. Non se soubo máis deles e a xente empezou a dicir que descubriran o tesouro do castro e marcharan con el. Desde ese tempo ninguén pode quitarlle esa lenda ao castro de Ons. |
|||||
Nome do informante: Federico Idade: 54 anos Enderezo: Brión de Arriba, Brión Recolle a lenda: Ricardo García Lago e Arnaldo González Baña Idade: 12 anos Enderezo: Brión de Arriba, Brión |
O CRAVO DE SAN XULIÁN DA LUAÑA
|
|||||
|
|||||
Diante da igrexa de san Xulián da Luaña
pedíase por un enfermo que quería ser curado fose persoa
ou animal. As feiticeiras eran as que se encargaban de facer chegar ao santo as súplicas. O momento máis adecuado para levar a cabo o acto era en martes ou venres e mellor se caía en 13. O lugar era a porta de atrás da igrexa, onde poñían un pano con alimentos, froitos e pelo do animal ou persoa que se quería curar colocando todo en forma de cruz. Ademais diso tamén había que ter un cravo e máis a persoa ou animal enferma. Unha feiticeira poñíase ao lado do pano, o enfermo facía as peticións e ía collendo cousas do pano coa man esquerda, despois ía arredor da igrexa e sempre que pasaba por diante das dúas portas do edificio roía no cravo. Así que daba tres voltas e xunto coa feiticeira na porta principal tiraba o cravo; despois daba viravoltas aos dous lados. Con isto remataba o rito desexando que se cumprisen os seus desexos. |
|||||
Nome do informante: Rosa Pérez García Idade: 90 anos Enderezo: Vioxo de Arriba, Luaña, Brión Recolle o rito: Olalla Beiroa Rodríguez Idade: 12 anos Enderezo: Vioxo de Arriba, Luaña, Brión |
LENDA DE SAN XULIÁN DA LUAÑA
|
|||||
|
|||||
Conta a lenda que cando hai unha San Xulián ten o poder de facer que chova. Cando era un verán moi seco os veciños da Luaña collían o santo en procesión e levábano onda Santa María de Cornanda. Alí deixábanse os dous santos durante nove días, mentres se lle facía a novena. Se nese tempo non chovía collíanse os dous santos e levábanse a Penamaior e alí facíase unha gran festa na súa honra. Era seguro que nos seguintes quince días comezaba a chover. Así que iso ocorría os santos voltaban cada un á súa igrexa. | |||||
Nome do informante: Manuel Vázquez Idade: 45 anos Enderezo: Goiáns, Luaña, Brión Recolle o rito: Noela Vázquez Dosil Idade: 12 anos Enderezo: Goiáns, Luaña, Brión |