Día da ciencia en galego

11/4/2014

 

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Tecnoloxía organizan a Videoconferencia " A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)" impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, para o alumnado de 4º de ESO e o alumnado que curse a materia de TIC en 1º de Bacharelato.

 

A videoconferencia terá lugar o mércores 5 de novembro de 12:00 a 13:00 horas na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do V día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego.

Manuel Caeiro Rodríguez é doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación.



Newer Entry Blog Home Older Entry

greenGrass by jimmy