
O 12 de decembro de 2011 fíxoselle no Auditorio de Santiago unha homenaxe ao noso ilustre veciño no que se presentou tamén o libro Á beira de Beiras.
Podemos ver o vídeo de presentación do libro a través de fotos de X.M.Beiras: Á BEIRA DE BEIRAS, ou a charla súa nesa homenaxe, reflexións sobre a súa realidade, a galega e a universal. Non ten perda: Á beira de Beiras.