A encrucillada da lingua

5/18/2010

Unha nena xoga cunha pancarta da manifestación que onte reuniu en Compostela miles de persoas para protestar pola política lingüística do Goberno de Núñez Feijóo FOTO: Jessica Barcala/agn

 

Convocado baixo o nome de Uxío Novoneyra –que consideraba a lingua a única forma audible de supervivencia–, este 17 de maio foi sen dúbida o máis reivindicativo e exitoso da historia desta celebración, creada no 1963 pola Real Academia Galega (RAG) como unha reivindicación da Literatura e do idioma propios do país.


O filólogo Ramón Lourenzo Vázquez galardoado co Peña Novo

5/18/2010

Ramón Lorenzo

  A XVI edición dos Premios Peña Novo recoñeceron a traxectoria en favor da normalización lingüística do filólogo medieval Ramón Lourenzo Vázquez, o Concello de Burela e o Foro de Avogados de Lugo.


Feixóo compromete un gran pacto pola lingua

5/18/2010

Pleno da RAG de homenaxe a Novoneyra en Seoane do Courel o 17 de maio

O titular da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, comprometeuse, ante o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, a tratar de estabelecer ‘un gran pacto pola lingua’, que fixou ao redor de catro principios que, para el, son ‘alicerces compartidos’ pola sociedade galega.


Anxo Lorenzo Non escoitei ningunha crítica

5/18/2010

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística

O director xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, afirmou non escoitar ‘ningunha crítica’ durante o acto das Letras Galegas celebrado pola Real Academia Galega en Seoane do Courel, en homenaxe ao poeta Uxío Novoneyra.


Méndez Ferrín O idioma é irrenunciábel

5/18/2010

Pleno da RAG de homenaxe a Novoneyra en Seoane do Courel o 17 de maio

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, asegurou que o idioma é ‘irrenunciábel’ e ‘ningún designio hostil prevalecerá ante el’. No pleno extraordinario celebrado en Seoane do Courel en homenaxe a Uxío Novoneyra, os académicos criticaron a política lingüística da Xunta e pedíronlle aos cidadáns defender o galego’máis aló de ideoloxías’.


Milleiros de persoas saen á rúa en defensa do galego

5/18/2010

Milleiros de persoas partiron este mediodía da Alameda compostelá para reivindicar ‘o dereito a vivir en galego’, convocadas pola plataforma 'Queremos Galego' no Día das Letras.


Álvaro Cunqueiro ou a ollada dun galego sobre a cultura da Bretaña

5/18/2010

O presidente da Comisión Breizh-Galiza ofrece esta cuarta feira unha conferencia sobre o intelectual mindoniense na localidade bretoa de Gwened.


O día despois A rede tamén quere galego

5/18/2010

O blogomillo recolle vídeos, fotografías e opinións sobre a manifestación que no Día das Letras reivindicou o galego en Compostela.


La Voz recorda a Novoneyra con «Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas»

5/16/2010

O volume do autor de «Os eidos» poderá adquirirse mañá co xornal por só un euro


Galicia réndelle tributo a Novoneyra na véspera do Día das Letras

5/16/2010

As homenaxes a Novoneyra levan días sucedéndose / T. DE LA FUENTE

Fernán Vello , Herminio Barreiro, Antón Reixa ou Marilar Aleixandre participan no acto que se celebra en Santiago


Newer Entries Blog Home Older Entries

greenGrass by jimmy