5/12/2010

A Xunta celebrará o seu particular Día das Letras cunha tradución ao español de 'Os Eidos', de Uxío Novoneyra. Ademais, como principais iniciativas da Consellaría de Cultura terá lugar un programa de actuacións poéticas, un ciclo de concertos, o impulso a un congreso sobre a figura do poeta do Courel ou un cómic sobre a súa vida.
5/12/2010
O Goberno colocou valados publicitarios redactados en castelán para a campaña de difusión da administración electrónica. É a primeira vez que a Xunta prescinde do galego na comunicación coa cidadanía do país
5/12/2010
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, asegurou hoxe sentirse 'plenamente apoiado e avalado' para aprobar o decreto do galego, algo que terá lugar 'en próximos días', tanto polo resultado electoral como polo proceso de diálogo aberto coa sociedade.
5/12/2010
O xurado valorou a mestura de clasicismo, compromiso social e modernidade temática do poemario As crebas.
5/9/2010
Galegando from eticolmeiro on Vimeo.
5/9/2010

O castellano foi a “lingua da rebelión e a esperanza” e "nunca foi imposto pola forza". E o que asegurou o director da Real Academia de la Lengua Española, Víctor García de la Concha, nunha conferencia celebrada en Zaragoza.
No xornal EL PAÍS non pinan o mesmo. Ver: "CAsi tres siglos de imposición"
5/9/2010

A Feira do Libro de Compostela acolle esta tarde a presentación da nova obra do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón. No acto, ademais do autor, participarán Manuel Bragado, Caetano Díaz e mais Pilar García Negro.
5/9/2010

A asociación Amigos de Uxío Novoneyra homenaxea este domingo ao poeta, chuvia mediante, e co rexeitamento da Xunta a pagar a instalación dun pequeno palco.
5/9/2010

Está confirmada a presenza de Luis Sepúlveda, Rosa Regás, Lino Novás, Nélida Piñón e Carlos Montenegro, entre outros
5/4/2010
O Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (DPLP), unha ferramenta online con máis 96.000 entradas, inclúe dende o pasado 27 de abril 1.092 voces de uso corrente no galego. Ese léxico, elaborado para a empresa Priberam Informática pola Comissão de Lexicologia e Lexicografia da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP)
Newer Entries Blog Home Older Entries