Mercedes Queixas sobre a desaparición dun xornal en galego

2/5/2013

"A recente desaparición do xornal diario impreso e gratuíto De Luns a Venres deixa a visibilidade do galego na prensa moito máis orfa. Cómpre preguntármonos, entón, polas razóns e neste contexto de crise endemoniadamente selectiva, á vista das informacións do último número do xornal, non semellan estas falaren en clave de cifras, pois, segundo se recolle no último número do diario, este pechou o ano 2012 como o xornal de maior crecemento da prensa de Galicia, segundo o Estudio General de Medios (EGM), cun 34,29% de suba, que lle permitiu acadar os 38.000 lectores. Mais de números si falarían no consello de administración de Galicia Proxectos de Comunicación, S.L, antes de decidiren trancar esta porta ao idioma, mais logo de lle outorgaren, no último día de 2012, desde a Xunta de Galicia, a nada desprezábel cantidade de 250.000 euros en concepto de axudas a medios de comunicación en galego. Velaí a mellor maneira de evitar unha próxima convocatoria oficial de apoio e reforzo da presenza real do noso idioma na prensa, quer por non existir suxeito activo que auxiliar quer por non llo conceder en exclusiva ao único xornal impreso ao que accedermos nos quiosques ou por subscrición, o semanario Sermos Galiza."

Fonte: Sermos Galiza


Toño Casais fala do teatro

2/5/2013

Toño Casais, “O mundo do teatro está a esgotar os prazos e a paciencia"

Fonte: Sermos Galiza


Marica Campo homenaxeada

2/5/2013

Marica Campo recibirá homenaxe da AELG no seu Incio natal.

Fonte: Sermos Galiza


Novo libro de Séchu Sende

2/5/2013

Catro días para presentar o novo libro de Sechu Sende en Compostela.

Fonte: Sermos Galiza


Unión dos medios en galego para ser máis fortes

2/5/2013

 

Unión inédita dos medios en galego para defender o idioma.

Fonte: Galicia Confidencial

 

Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza do idioma.

Fonte: Praza pública


A Xunta do PP nega a sentenza do Supremo

1/31/2013

 

Rexeitamento frontal ao recurso da Xunta que tenta "aumentar a desprotección do galego". Fonte Praza pública


Carlos Casares recordado aos 10 anos do seu pasamento

1/23/2013

 

Carlos Casares, protagonista de Grial


Xoves 24 no Principal de Santiago, para botar unhas risas

1/23/2013

 

Quico Cadaval e Federico Pérez xúntanse nunha noite de humor mítico con Edipo e Breogán


Cada vez menos diñeiro para Normalización

1/18/2013

A lingua vale para a Xunta a metade dunha décima dos Orzamentos


Na Fundación Uxío Novoneira

1/17/2013

Cada ano a Fundación Uxío Novoneyra reúnese na casa de Parada do Courel no día do aniversario do poeta. Desta volta, o sábado día 19 abre as portas da casa cun programa especial co que inauguran un ano que promete intenso.


Newer Entries Blog Home Older Entries

greenGrass by jimmy