Fonte:
A Fundación Barrié de la Maza programará entre o 2 de maio e o 1 de xullo, na Coruña, a exposición 'A Galicia do Galicia (1922-1926)', en homenaxe a unha das cabeceiras do periodismo nesta comunidade autónoma e ao seu director, Valentín Paz Andrade, ao que este ano se dedica o Día dás Letras Galegas.
A Fundación Camilo José Cela, en crise financieira por unha xestión pésima, pasará a ser pública.
Por que non se apoia co mesmo empeño ás Fundacións de autores en lingua galega?
Fonte: El País.
Marcos Pérez Pena fai unha pequena reflexión e escolle secuencias de filmes que foron feitos en Galicia.
Fonte: Praza pública.
“Roberto Vidal Bolaño é un firme candidato ás Letras Galegas. É un fundador das artes escénicas”, asegurou Morris.
Antonio Durán Morris, premiado nos Mestre Mateo como mellor actor polo seu papel en Doentes, adaptación cinematográfica da obra teatral de Roberto Vidal Bolaño.
Fonte: Praza pública.
O modelo naceu como un proxecto de planificación lingüística para promover a fluidez entre as diferentes linguas no concello. A idea base é que a xente nova teña un repertorio lingüístico amplo con competencias en diferentes linguas. É dicir: tomando como lingua vehicular o galego, búscase potenciar que o falante sexa competente noutras linguas.
Fonte:Dioivo.
.
Freixanes realizou un discurso "inzado de optimismo" e con referencias constantes á navegación. Na súa intervención, asegurou que a rosa dos ventos do sector cultural pasa "non pola resistencia", senón polo "crecemento" ante "o novo universo de oportunidades" que se abre nesta treboenta situación económica e social.
Fonte: Dioivo.
Un Romeo e Xulieta con seseo e gheada, co conflito lingüístico como pano de fondo e un instituto de Boiro como escenario.
Unha obra de teatro feito coa nova tecnoloxía dirixido polo grupo Chévere e feito polo alumnado do IES A Cachada de Boiro.
Fonte: Praza Pública.
Fonte: Sermos Galiza