"A este país non lle cómpre o silencio". É un dos avisos, breves e estralantes, na web do proxecto Praza Pública, que empezará a comunicar como xornal dixital en xaneiro. A liña ideolóxica tamén a explicitan: "Sermos un instrumento para o cambio, para o avance do país. Enriquecer o autogoberno, como expresión da pluralidade da sociedade"
Despois da decouca que están facendo cos medios de comunicación en galego parece que van xurdir algunhas iniciativas para substituír aos desaparecidos Vieiros e aos xornais semanais como A Nosa Terra. Podedes ver aquí a información:


A obra, que se presentará o próximo 22 de outubro na Casa do Voluntariado de Muxía (A Coruña) --localidade natal do poeta--, recolle escritos de entre 1917 e 1922 baixo un título, 'Bretemada', que é unha metonimia de Galicia.
O pasado 10 de outubro tivo lugar en lugar en Compostela a presentación dun escrito contra a marxinación do galego nos medios de comunicación que recibiu xa, a tan só unha semana da presentación do sitio http://marxinaciondogalegonosmedios.es, onde pode ser consultado e asinado-

