Trece poetas e músicos.

 
 

Durante o segundo trimestre, os departamentos de Música, Lingua Galega e Lingua Castelá realizaron unha actividade interdisciplinar titulada “Trece músicos e poetas”, que consistiu nunha selección de poemas musicados en diversas linguas (galego, castelán, euskera, catalán, portugués e inglés).

O alumnado do club de lectura (Erica González, Cloe Sacido, Fátima Rey, Matheo Thelem, Aine Freire e Paloma Mas de 1º da ESO; Alba Amigo, Alba Sóñora, Ana Souto, Mar Nieto, Sara Pérez e Carlota Lameiro de 3º da ESO) colaborou no deseño do libro de poemas (portada, letra, cores) e máis na difusión da actividade nas aulas dos dous ciclos da ESO.

     

No vídeo adxunto pódese a ver ás alumnas Erica González Castro e Cloe Sacido Lechap presentando o proxecto ao alumnado de 1º ESO.

O poema recitado é "Inés" de Camões, de "Os Luisiadas" (Canto III).

A adaptación musical é de Milladoiro, de "A Quinta das Lágrimas".

A gravación realizouse o 21de maio de 2010.