BOTAMOS A ANDAR O NOSO BLOG
Autor: iesfene, Categoría: NOTICIAS DO IES DE FENE
12/1/2006, 1:53 pm
[u][b]No día de hoxe estreamos na web unha nova forma de comunicación[/b][/u]
Un dos servicios que o Instituto lle oferta á Comunidade Educativa, e ó público en xeral, é a información. Todo o que poida ter interese, relacionado coa vida académica do centro ou con outros aspectos cales son os administrativos (entrega de notas, exames extraordinarios, convocatorias de reunións, etc), aparecerá publicado aquí. Pretendemos que as novas, que vaian xurdindo ó longo do curso, aparezan reflectidas nesta Bitácora no momento en que se produzan. Tanto a Dirección do Instituto como a Equipa que mantén o sitio web[b] www.iesdefene.org [/b]agardan que este servicio sexa útil, as suxestións relacionadas co funcionamento do mesmo serán ben recibidas
IES De FENE