Constitución da Xunta Electoral
Autor: iesfene, Categoría: NOTICIAS DO IES DE FENE
3/11/2006, 11:58 pm
O luns, 6 de novembro,constituirase a Xunta Electoral que organizará e supervisará o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar
Realizado o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral do IES de Fene, resultaron elexidos os seguintes membros:
- representante dos pais/nais: Susana Rodríguez García
- representante do alumnado: Jessica Corral González
- representante do profesorado: Mª Ángeles Gómez Da Silva
- representante do persoal de administración e servizos: Roberto Salgado Naveiras.
Os citados representantes, xunto co director, Xoán M. Vázquez Vázquez reuniranse o luns, 6 de novembro, ás 12.05 h, no despacho de dirección do IES de Fene, para constituír a Xunta Electoral.
IES De FENE