Eleccións ao Consello Escolar do IES de Fene
Autor: iesfene, Categoría: NOTICIAS DO IES DE FENE
8/11/2006, 12:29 am
Publicación do calendario electoral
Na reunión celebrada o luns 6 de novembro ás 12.05 h. no despacho de dirección do IES de Fene, a Xunta Electoral aprobou o seguinte calendario electoral:
* Publicación dos censos electorais: 7 de novembro
* Reclamación aos censos: do 7 ao 15 de novembro
* Publicación do calendario electoral: 8 de novembro
* Prazo de admisión de candidatos: do 8 ao 15 de novembro, en horario de 9 a 14 h. na oficina.
* Proclamación de candidatos do profesorado: 16 de novembro, ás 10.05 h.
* Proclamación dos candidatos dos outros sectores, sorteo público para designar os membros das mesas electorais de pais/nais e alumnos e publicación da corrección de erros aos censos: 16 de novembro, ás 12.05 h.
* Reclamación contra a proclamación das candidaturas: 17 e 20 de novembro
* Constitución da mesa electoral e elección de representantes do profesorado: 24 de novembro, ás 10.05
* Constitución da mesa electoral e elección de representantes dos alumnos: 27 de novembro, de 9.30 a 13.30 h.
* Constitución da mesa electoral e elección de representantes do persoal de administración e servizos: 28 de novembro, de 13.30 a 14.45 h.
* Constitución da mesa electoral e elección de representantes dos pais/nais: 29 de novembro, de 11 a 13 h. e de 17 a 20 h.
* Proclamación de candidatos elexidos: 30 de novembro
* Reclamación á proclamación de candidatos elexidos: do 30 de novembro ao 15 de decembro.
* Constitución do Consello Escolar: 4 de decembro, ás 19 h.
IES De FENE