Circular sobre o Consello Escolar
Autor: iesfene, Categoría: NOTICIAS DO IES DE FENE
11/11/2006, 12:38 am
Información acerca da renovación que corresponde a cada sector
CIRCULAR Nº 1
10 de novembro de 2006
ASUNTO: ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
DESTINATARIOS: COMUNIDADE EDUCATIVA
Nestes días nos que estamos a desenvolver o proceso de renovación parcial dos membros do Consello Escolar consideramos interesante informar sobre algúns aspectos do mesmo.
Seguindo o Decreto 324/1996, artigo 37°: O Consello Escolar dos institutos de educación secundaria que teñan oito, ou máis, unidades estará composto polos seguintes membros:
a) O director ou directora, que será o seu presidente.
b) O xefe ou xefa de estudos, e, de ser o caso, o xefe de estudos de nocturno.
c) Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o instituto.
d) Sete profesores elixidos polo claustro.
e) Tres representantes dos pais ou nais de alumnos.
f) Catro representantes do alumnado.
g) Un representante do persoal de administración e servizos.
h) O secretario ou secretaria ou, se é o caso, o administrador ou administradora do instituto, que actuará como secretario do consello, con voz, pero sen voto.
No relativo á representación do profesorado debemos elixir cinco representantes. No actual CE causaron baixa por non continuar no noso centro: Guillermo Moreira e Antonio Álvarez; correspóndelles a renovación a Margarita Suárez e Luisa Rodríguez e causa baixa como representante do profesorado ao asumir o cargo de secretario, Bautista Fernández. Polo tanto, continúan os profesores Eladio Pena e J. Antonio Carpente.
No sector dos alumnos, causan baixa, por non pertencer á nosa comunidade educativa os anteriores representantes. Debemos elixir os catro.
Na representación de pais e nais, debemos renovar unha praza, a correspondente a Amalia Martínez Pedreiras, continuando a outra representante.
Polo persoal de administración e servizos (Disposición adicional terceira do Decreto 7/1999: b) Se o número total de membros electos do respectivo sector é impar, procederase do seguinte xeito: Se o número total é de 1 membro: renóvase este membro). Polo tanto, debemos elixir un representante deste sector.
Valorando a importancia de contar cun Consello Escolar formado por representantes de todos os sectores, o equipo directivo anímaos a participar, presentando candidaturas e votando na datas sinaladas, porque estamos convencidos da necesidade da súa participación na xestión do centro.
Poden seguir todo o proceso na nosa páxina web: www.iesdefene.org
Atentamente,
O director.
Asdo: Xoán M. Vázquez Vázquez
IES De FENE