BITÁCORA DO IES DE FENE


Axenda 21 Escolar

Autor: iesfene, Categoría: NOTICIAS DO IES DE FENE
16/3/2007, 2:11 pm

Constitución do Comité Ambiental do IES de Fene

O día 6 de marzo de 2007 quedou constituído formalmente o Comité Ambiental do IES de Fene que ten como labor poñer a funcionar a Axenda 21 Escolar neste centro de ensino.
Aínda que está aberto a novas incorporacións, polo momento forman parte del as seguintes persoas:

Sector do alumnado: Lourdes Iglesias Leite
Sector do persoal non docente: Montse Rodríguez Rodríguez e Roberto Salgado Naveiras
Sector dos pais/nais: Yanedt Macías
Sector do profesorado: J. Pablo Patiño García e Miguel Anxo Romero López

Os eixes sobre os cales se vai vertebrar a posta en marcha da A21E neste curso 2006-2007 son:

-Aforro enerxético.
-Mellor aproveitamento do papel e a súa reciclaxe.
-Limpeza do recinto escolar.
-Acondicionamento das zonas verdes do centro.

Ademais, está constituÍdo un Grupo de Traballo entre o persoal docente para levar a cabo o mesmo proxecto, polo que lle corresponderá a este grupo supervisar os aspectos técnicos que fagan factible as actividades propostas polo Comité Ambiental, con quen consensuarán finalmente os traballos que se levarán á práctica.

Este grupo de traballo está composto polo profesorado seguinte:
Antonio Rivera García, María Armas Blanco, Eladio Pena Castro, J. Bautista Fernández Lamelas, J. Pablo Patiño García, Juan González Luaces e Miguel Anxo Romero López.


A maiores, viña funcionando no centro un grupo ambiental coñecido como Grupo Natura, que está previsto que siga a funcionar en conxunto cos dous grupos anteriores, e no que agardamos poder canalizar a colaboración do alumnado.

Marzo de 2007


Comentarios

Non hai comentarios

Buscar

Categorías

Últimas ligazóns


XML | XHTML válido


SISTEMA DE NOTICIAS
www.iesdefene.org

© 2005,GPL By M.Suárez, M. Couceiro e A. Orozco