Deseño de camisolas
Autor: iesfene, Categoría: NOTICIAS DO IES DE FENE
16/3/2007, 2:18 pm
BASES DO CONCURSO DE DESEÑO DE CAMISOLAS
Con motivo da elaboración dunha tirada de camisolas identificativas do Grupo Natura do IES de Fene, este colectivo convoca un concurso de deseño que se rexerá polas seguintes
BASES :
1- Poderá participar todo o alumnado do IES de Fene.
2- Os traballos estarán relacionados co mundo do medio ambiente e para a súa realización haberá que plasmar 3 deseños (completos ou suxeridos) usando trazos sinxelos e unha soa tinta.
3- Os traballos entregaranse ao profesorado de plástica ou na conserxería do edificio B. Terán que ser elaborados de forma individual e deberán ir acompañados dun sobre pechado que será o único lugar no que constarán os dados identificativos dos/as autores do traballo.
4- O Xurado estará composto por unha comisión nomeada por este colectivo que dictaminará sobre o mesmo de xeito inapelable, podendo declarar os premios desertos.
5- Os traballos premiados quedarán en posesión deste colectivo que poderá utilizalos cando e como quixer.
6- Establécese 1 único premio para o traballo que sexa elixido para a confección das camisolas, aínda que o xurado poderá establecer algún tipo de accésit no caso de que a calidade dos traballos así o demanden.
7- Os premios estableceranse a posteriori en función dos presupostos do Centro.
8- O prazo para entregar os traballos ao Xurado remata o venres 23 de marzo. O resultado darase a coñecer persoalmente aos premiados e nos tabolerios do Centro.
9- Cos traballos escollidos poderá facerse unha exposición pública.
10- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
CONCURSO DE DESEÑO DE CAMISOLAS DO GRUPO NATURA
Para este concurso terás que utilizar este formato:
IES De FENE