A bitácora do IES de Fene volve estar en funcionamento
Autor: iesfene, Categoría: NOTICIAS DO IES DE FENE
28/5/2007, 11:44 am
Desde hoxe, volverán aparecer publicadas as noticias de interese do Instituto nesta bitácora
Debido a que os responsables dos sistemas informáticos da Consellería de Educación decidiron cambiar o sistema de codificación das bases de datos para as páxinas aloxadas no seu servidor, esta bitácora non estivo operativa. Hoxe, despois dun laborioso traballo dos wesmasters (Margarita Suárez, Manuel Couceiro e Antonio Orozco) para traducir os arquivos dos nosos programas á nova codificación utf-8, volve estar operativa.
IES De FENE