Exemplar Subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

Cuadro de texto: Un novo ano, unha nova revista.
Como cada ano, dende hai dez, aparecemos a fin de curso para dar conta nestas páxinas dalgunhas das actividades que levamos a cabo nos nosos institutos.
Se ben todo o mundo está preocupado pola profunda crise económica que estamos a vivir, tamén foi este un ano especialmente duro para a normalización lingüística deste país, xa que, por primeira vez, establecéronse Cuadro de texto: normas que dan pasos atrás no lenta tarefa de poñer a lingua  ao nivel que merece; normas que, nalgúns anos, estamos certos de que serán cambiadas por outras xa que son unha teima pasaxeira que por forza ten que amainar. O sentido común ten sempre moita máis forza que  calquera grupo enrabexado.
En fin, que debemos ollar ao futuro con optimismo, esquecendo estes tempos de paixón e crise económica.
Cuadro de texto: Buscade na revista algunhas das actividades nas que tedes participado neste curso, aínda que xa sabedes que non están todas as que son, nin son todas as que están. Estas son só algunhas, nin tan sequera as mellares.
Animámosvos dende aquí a que o ano vindeiro sigades participando en todas as actividades que se vos propoñan, así a que nos axudedes a mellorar esta revistita coas vosas aportacións que, sexan mayores ou menores, sempre serán Cuadro de texto: IES E CIFP-FENE
Cuadro de texto: O RONSEL DO PAROLEIRO
Cuadro de texto:

Nº 10

MAIO  2010

Microrrelatos

2

Proxectos europeos

8

Concurso de poesía

12

Cartas de amor

17

Sendeirismo

20

Lecturas

22

A21EG

24

Porto

27

Música

28