Celebrouse por segundo ano o concurso de microrrelatos que promove o Concello de Fene, por iniciativa dos equipos de normalización do IES de Fene e CPI A Xunqueira. Foi un ano con participación menor có curso anterior, xa que daquela os traballos foran moi numerosos.

           Na fase interna concedéronse os premio que constan a continuación.

 

 

CATEGORÍA 1º-2º ESO

GAÑADOR/A

José Carlos García-1ºA

 

CATEGORÍA 3º-4º ESO

GAÑADOR/A

Ana Armenteros

FINALISTA

Ana Montes

 

CATEGORÍA BACHARELATO-CICLOS

GAÑADOR

Pablo Alvariño Domínguez

FINALISTA

Roberto Rodríguez Pazos

 

 

 

 

 

 

 

Velaquí tedes  eses relatos finalistas do IES de Fene:

 

Supermán e as súas viaxes

 

Fene, á fin. Tras dúas semanas aquí estou, intentando volver ao meu mundo.

Comezarei polo principio. Eu son Supermán, si, Supermán. Un día, na sesión das oito da miña película en Polonia, algo estraño sucedeu. De repente, estaba nunha sala con moitas persoas ao meu redor sentadas e comendo. Saín correndo e, na porta, un home recoñeceume. Levoume para á súa casa a vivir o tempo necesario e explicoumo todo.

Existen dous portais que conectan o mundo do cine co da vida real. Un estaba en Polonia e outro nun lugar de Galicia, concretamente en Fene. O de Fene servíalle a moitos personaxes perdidos para volver ao seu mundo de fantasía na gran pantalla, mentres que o de Polonia facía ao revés.

Nos dous días seguintes fun ao aeroporto e viaxei ata Fene. Entrei no cine Perla, que estaba a punto de ser derrubado. Acendín o proxector na miña película e aquí estou, entre as butacas preparado para saltar. Grazas, Fene!

Ángela García Pérez, de 2ºESO A

 

 

 

Páxina 2

Cuadro de texto: II CONCURSO DE MICRORRELATOS

O RONSEL DO PAROLEIRO