CATEGORÍA BACHARELATO - CICLOS

 

 

Pablo Alvariño Domínguez, 1ºBAC

 

 

O día que empezou a facer o Camiño de Santiago, Josito non esperaba que fose a ser unha, por non dicir, a experiencia máis inolvidable da súa vida. Non todos os días unha persoa que dedicaba a súa vida á única tarefa de asfaltar corredoiras topaba de fronte cun morto no medio do camiño. Non tiña pinta de ser peregrino nin un paisano corrente. Levaba un traxe negro, camisa e gravata. Sen tempo a nada e sen dubidalo, chamou á Policía, a cal se presentou alí ipso facto. Co medo no corpo, a policía pediulle a Josito que subira ao furgón. Estaba detido sen saber por que. Acaso non fixera o correcto? Non o sei, ao mellor ata foi el quen matou a aquel importante executivo. O que está claro é que nunca facer o Camiño de Santiago en forma de penitencia levara consigo vinte anos na cadea.

Páxina 6

O RONSEL DO PAROLEIRO