Páxina 16 |
O RONSEL DO PAROLEIRO |
O CAMIÑO DAS LEDICIAS
Nun mundo de tolos, que soñou un neno? soñou cun mundo algo máis levadeiro sen armas, sen fogos, sen paro, nin medo.
Un mundo sen loita, algo preguiceiro no que as casas foran de caramelo como por obra dalgún feiticeiro.
Un mundo perfecto, de moitos irmáns sen muros, nin rabia, por encantamento no que se rexen polo entendemento políticos, reis e todos os cidadáns.
Mais este soño é un soño de nenos un soño sen base, nin orden, nin feito cheo de desexos para os pequenos para que sexan libres dalgún xeito. Gabriela Feal
|