Páxina 22

O RONSEL DO PAROLEIRO

            

 

Título do libro: ¡Asústate Merche!

Autora do libro: Fina Casalderrey

Editorial: Xerais

Edición: 13ª edición

Xénero literario: novela

 

 

 

 

 

 

 

 

Auria é una rapaza que vive coa súa nai e coa súa avoa nunha pequena casa da vila e  decide escribir un diario contando todo o que lle pasa. A súa situación económica non é moi boa, pero aínda así Auria decide apuntarse a unha excursión cos demais rapaces da parroquia a Czestochowa (Polonia), proposta por Salvador, o cura. Ademais percorrerán os distintos países nunha convivencia única de vinte e dous días. Polo camiño, Auria namórase de Paio, o sobriño de Salvador, e faise mellor amiga de Frida, unha rapaza chea de vida que lle ensina a vivir a tope.

Os lugares que visitaron son:

- O primeiro, París, onde visitaron o museo do Louvre, a Praza da Concordia, pasearon polo Sena e foron á catedral de Notre-Dame.

-Logo foron a Bélxica.

-En Bruxelas pasearon pola  Praza Maior, foron ao Parque de Mini-Europa e tamén ao Atomium.

-Despois chegaron á preciosa Bruxas.

-A seguinte parada foi en Alemaña e estiveron en Colonia e en Berlín.

-E chegaron a Czestochowa (Polonia), a onde ían ver ao Papa.

-Á volta, pasaron por Venecia e Viena.

Auria é a protagonista principal. Ela é tímida e negativa, non cre nos finais felices; polo menos ata que coñece a Frida e a Paio.

Merche é o nome do diario de Auria, en quen ela confía e a quen lle conta todo.

A mellor amiga de Auria é Frida, unha rapaza activa e atrevida a todo. É a que fai que esta colla confianza coa vida e se divirta.

 

 

 

FALAN AS LECTORAS