Nº 10

Páxina 17

V EDICIÓN DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

 

 

           Ola Ali!

 

           Escríboche esta carta para dicirche o moito que te quero. Neste día tan especial quero que te lembres de min, porque te teño sempre moi presente. Grazas por todo este tempo ao teu lado, son 8 anos e moitos que nos quedan por diante; sempre fuches un gran apoio para min e quero darche as grazas por sempre ter unha palabra de apoio ou ánimo cara a  min.

 

           Por todos estes anos que pasamos; sempre houbo cousas malas ou peores, pero outras moi boas e tamén grazas, non só polos momentos frouxos, senón polos momentos de risas e bromas que pasei ao teu lado.

 

           Es unha persoa moi importante na miña vida, quero que saibas que sempre vas poder contar comigo para o que ti queiras, sempre vou a estar ao teu lado.

 

           Con moito cariño,  quen ti xa sabes.

 

                                                                                                              Un bico pequerrecha

 

           Para Alicia Lorenzo Leonardo