Roberto Rodríguez Pazos, 1º BAC

Carpe Diem

 

  O camiño. O camiño do amor, o camiño da vida, todos os camiños entrelazábanse nun só, o camiño de Santiago.

  Un percorrido que como ben sabía tiña principio e final mais negábase a aceptalo.

  Todas as súas vivencias, a xente que coñecera, as paisaxes non se podían esvaecer tan cedo.

  Ansiaba con vehemencia non avistar a cúspide do campanario compostelán.

  Todo o vivido, soñado, sentido desaparecería unha vez rematado o camiño, un camiño no que explorara sentimentos ata daquela recónditos.

  Rexeitaba a idea día tras día, esquecendo disfrutar minuto a minuto aquela experiencia de conto. Centrárase no futuro deixando atrás a ledicia do presente.

  O seu afán por protexer algo único e quizais irrepetible conduciuna a errar, a apresurar a chegada daquel final que ela intentaba frear con ímpeto.

  Era consciente do seu equívoco pero agora só pensaba en exprimir ata o último segundo que desafortunadamente era anunciado polo bater das campás.

 

Nº 10

Páxina 7