Páxina 24

O RONSEL DO PAROLEIRO

Por unhas aulas sostibles nun mundo sostible

Un ano máis, neste curso 2009-2010, seguimos poñendo os nosos graos de area para formarnos na idea dun mundo sostible e perdurable, empezando por nós mesmos como individuos e como comunidade escolar.

Que obxectivos temos?

 Identificar, analizar e investigar as causas dos problemas que afectan á calidade ambiental e de vida  do centro escolar e o seu contorno.

 Concienciarnos da necesidade de mellora do noso medio.

 Programar e poñer en funcionamento accións que melloren a vida diaria do centro escolar.

 Fomentar a participación de todos, non só a participación de profesorado e alumnado en actividades puntuais, senón tamén implicar a todos os sectores na toma de decisións respecto a estratexias, actividades, etc.

Lograr acordos que posibiliten modos de vida máis sostibles no centro.

 

Alumnos/as fundadores do Comité Ambiental